Evento: A Fonsagrada e as terras de Burón

A Fonsagrada e as terras de Burón
domingo, 7 agosto, 2016 - 11:30
A Fonsagrada,
A Fonsagrada

A Fonsagrada e as terras de Burón

Monumenta viaxa ata esoutra 'raia' entre Asturias e Galicia

A andaina de Monumenta visitará varios exemplos de arquitectura da zona, como a igrexa de Santa María, construción barroca con tres naves e unha ábsida, a torre de Altamira ou o castelo de Burón, construción dos condes de Altamira que foi derrubada polos Irmandiños, capitaneados por Pedro Osorio, durante a Revolta do século XV e que foi reconstruída despois pola familia dos Moscoso. Tamén se coñecerá a igrexa de Santa María de Allonca, unha fermosa arquitectura rural nunha fraga de amieiros, castiñeiros e carballos, e as corripas, unhas pequenas construcións de pedra circulares ou cadradas utilizadas para a conservación e o manexo da castaña, produto que foi básico na economía e na alimentación desta zona.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Antonio de Vega, arquitecto e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Juanjo Molina, director do Museo Etnográfico da Fonsagrada e investigador. Xoán-Xil López, artista e paisaxista sonoro.

Inscrición previa: inscrición, do 12 de xullo ata o venres 5 de agosto, na web de Monumenta: https://galiciamonumenta.wordpress.com. Admisión por orde de inscrición.
Enlace da ruta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13665026
MÁIS INFORMACIÓN: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Redescubrindo Ourense. Ourense removido
24 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense
Redescubrindo Ourense. Comercio en Ourense
25 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense
Imaxe
Coñece Compostela: Espazos de Asorey en Compostela
25 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal