Dinamización: DÍA DA ILUSTRACIÓN

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Lembrando a figura de Camilo Díaz Baliño

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura 2018 é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Como se vén facendo desde o ano pasado, este día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, serve para homenaxear algún autor histórico galego. O protagonista deste ano é Camilo Díaz Baliño.

Ler máis

O artista, escritor e intelectual galeguista, membro das Irmandades da Fala e pai de Isaac Díaz Pardo, deixou un valioso legado documental e bibliográfico que se pode consultar en Galiciana, na Biblioteca Dixital de Galicia: arredor de 200 fotografías, relatos orixinais, unha pequena biblioteca persoal, deseños de escenografías, cartas… Foi de feito o propio Díaz Pardo quen depositou este fondo na Biblioteca de Galicia.

A celebración do Día da Ilustración, impulsada por Cultura e pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), inclúe diversas actividades en bibliotecas e museos, como por exemplo, un obradoiro de cartelismo ao redor da obra de Díaz Baliño que terá lugar na Cidade da Cultura o 28 de xaneiro. Na nosa axenda cultural iremos incluíndo e difundindo os distintos eventos relacionados, así que estade atentos!

  • Caricatura de Díaz Baliño
  • Boceto de Camilo Díaz Baliño Boceto de Camilo Díaz Baliño
  • Boceto de Camilo Díaz Baliño Boceto de Camilo Díaz Baliño
  • Boceto de Camilo Díaz Baliño Boceto de Camilo Díaz Baliño