Dinamización: DÍA DA ILUSTRACIÓN 2023

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2023
María Antonia Dans
A Xunta de Galicia conmemora o Día da Ilustración 2023 cun amplo de abano de actividades nas bibliotecas de xestión autonómica sobre o legado de María Antonia Dans, artista á que se homenaxea este ano.
Trátase dunha programación cuxa peza central é a mostra bibliográfica "María Antonia Dans, a maxia da cor", da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, e na que un ano máis colaboramos coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Os seus debuxos naturalistas e coloristas que quedaron impresos en diversos libros e xornais mostraranse, entre outros documentos, nesta exposición que se poderá ver ata o 12 de maio no Edificio do Arquivo e Biblioteca de Galicia. Ademais, o sábado 4 de febreiro este espazo acollerá o obradoiro "Ilustremos en galego", dirixido a rapaces e rapazas de máis de 14 anos.
Ligazóns
Novas relacionadas


10/07/2023
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reúnese coa presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Laura Romero, para planificar a efeméride

30/01/2023
A exposición María Antonia Dans, a maxia da cor é a proposta central do Goberno galego para conmemorar a efeméride que se celebra hoxe

25/01/2023
Os actos deste ano renden homenaxe á pintora galega, un dos nomes máis destacados da ilustración na nosa Comunidade

09/11/2022
A decisión consensuouse nun encontro mantido entre o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, con representantes da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e das escolas de Arte e Superior de Deseño

18/08/2022
A actuación levarase a cabo ao abeiro dun convenio asinado hoxe polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades e o alcalde de Curtis