OFF GALICIA

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Guerra Civil, presidio ou exilio (Tríptico)

Caminero. O xeneral que intentou evitar unha guerra (2025) 14 min. VO galego

Pola aldea de San Ciprián de Hermisende (Zamora) pasou en xullo de 1936 o xeneral Juan García Gómez Caminero. Fora enviado polo Goberno da República para intentar evitar o levantamento dos cuarteis do Noroeste de España. Non conseguiu o obxectivo. Tivo que pasar a Portugal para volver a Madrid. Os veciños quedaron convencidos de que era un covarde que fuxía da "queima".
 

A menina que vía homes encadeados (2021) 11 min. VO galego

Galego

Todo pode esperar

César Morán é un profesor de Lingua xubilado que hai 50 anos intentou facer carreira como cantautor. A vida non lle permitiu facelo. Non puido vivir da música, pero conseguiu algo máis importante: vivir sempre preto dela. Agora, con 70 anos, vai gravar o seu primeiro disco de cancións con músicas e letras propias.

Galego

Reflexos do amor escuro

O documental Reflexos do amor escuro parte dunha curtametraxe de ficción, feita en super 8mm, no ano 1977, e relata as vivencias duns homes acaecidas na cidade da Coruña naquela época.

O que García Lorca chamou “amores escuros”. No documental inclúese a teatralización dos seus sonetos sobre os ditos amores.

Galego

Decorado

Arnold, un rato de mediana idade en plena crise existencial, vive en constante sospeita. Ao contrario que a súa muller María, sempre sentiu que o mundo que o rodea é falso, como un DECORADO! Arnold decide revelarse ante a sociedade enfrontándose aos seus supostos amigos, veciños, médicos e mesmo á corporación A. L. M. A., que claramente dirixe o lugar que habita.

 

Presentación e coloquio co director no primeiro pase.

Galego

Un mar de mulleres

Un mar de mulleres é un documental que visibiliza o papel das mulleres galegas no sector pesqueiro e na transformación de peixe, destacando a súa participación laboral, a fenda salarial de xénero e os cambios nas condicións de traballo entre o século XX e XXI. A través de entrevistas, amósase a importancia dos saberes tradicionais, o emprendemento feminino e a contribución das mulleres á modernización económica e á mellora da vida nas comunidades mariñeiras.

Galego

We Love You

En 2011, unha banda inexperta encérrase nun estudio por primeira vez impulsada pola urxencia e o entusiasmo. Película que documenta con material inédito a gravación do primeiro disco de The Buildings, que nunca chegou a publicarse.

Galego

O camiño de Cova Eirós

En 2012, un grupo de arqueólogos descubre as primeiras pinturas rupestres de Galicia no interior da Cova de Eirós, nos Ancares lucenses. Este documental retrata a súa labor ao longo de varios anos, achegándose ao traballo arqueolóxico dunha forma íntima e minuciosa como nunca antes se mostrara.

Galego

4 clips de estrea

José Luis Ducid coordina a produción de 4 pezas audiovisuais editadas por 4 realizadores distintos, todas sonorizadas por Alfonso Camarero en Gourmetsound Estudio.
Exordio brevísimo a cargo de José Manuel Sande.

 

1- LA LUZ Y EL VIENTO [5 minutos]:
Videopoema -baseado nun texto de León Felipe- interpretado polo artista plástico Javier de la Rosa. Musicalizado por A. Camarero. Gravado e editado por Santiago "Roma" Romero, de Tragaluz Fotografía.

Galego

Adeus, Berta

Alicia chega á casa familiar na Pobra do Caramiñal para elixir a roupa que levará súa nai no velorio do pai. Alí atopa a súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación onde está ingresada.

Galego

La Parra

Damián volve a Ferrol pola morte de seu pai logo de moito tempo fóra. Sen un peso, alóxase na pensión La Parra, morada de individuos deixados de lado pola sociedade. Coa cidade incomunicada polo accidente da plataforma petrolífera Discoverer Enterprise, que botou abaixo a ponte das Pías, Damián séntese atrapado nun lugar que semella suspendido no tempo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - OFF GALICIA