Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 934
- 935
- 936
- 937
- 938
- 939
- 940
- 941
- 942
- …
- seguinte ›
- última »
Permitiralles aos 40 concellos membros levar a cabo funcións e concertos en espazos abertos, en recintos non asociados a este circuíto ou no marco de festivais
Trasládanse os créditos orzamentarios para favorecer que os escenarios adheridos esgoten a totalidade das partidas consignadas en 2020
A flexibilidade de funcionamento neste programa para o segundo semestre do ano está recollida no Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico
Trátase dunha ferramenta precisa para o proceso de avaliación, que serve tamén para que o público se aproxime aos valores extraordinarios deste ámbito
Ofrece unha visita virtual a un total de 19 igrexas e mosteiros como San Pedro de Rocas, Santo Estevo de Ribas de Sil ou Santa María de Montederramo
O conselleiro de Cultura e Turismo informou hoxe desta medida prevista no Plan de Reactivación Cultural para incentivar a creación artística na crise sanitaria
Diríxese a proxectos de empresas, cooperativas, entidades sen ánimo de lucro e autónomos financiados ao 100% con achegas de ata 10.000 e 4.000 euros
Inclúe un amplo abano de iniciativas de música, audiovisuais, artes escénicas, dinamización da lingua, patrimonio, libro e turismo cultural, entre outros
A continuación do procedemento publícase hoxe no DOG, que esta semana tamén anunciou os novos períodos de solicitude para as subvencións a creación escénica (ata o 4 de xuño) e a producións e coproducións audiovisuais (ata o 18 de xuño)
Retómanse tras a suspensión decretada por mor do estado de alarma baséase na consideración destes galardóns como fundamentais para o ámbito da escrita dramática en galego, segundo se recolle no Plan de Reactivación do Sector Cultural da Xunta
A Xunta de Galicia e un equipo da Universidade de Vigo afondan no coñecemento deste asentamento militar do século II
Dirixido a profesionais e empresas das industrias culturais e creativas, estará dispoñible en liña e presencialmente na Cidade da Cultura de Galicia
O servizo comeza a funcionar o vindeiro luns 25 de maio e realízase en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
Ofrecerá información sobre liñas de axudas, criterios e protocolos sanitarios na desescalada, ou asesoramento sobre cuestións laborais ou outras dúbidas
O conselleiro Román Rodríguez presidiu hoxe a reunión do Consello Reitor da Agadic na que se validaron as novas convocatorias, incluídas no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico
Dúas das bases van destinadas ao sector audiovisual: desenvolvemento de proxectos de produción galega e asistencia a foros e mercados, e a terceira refírese á distribución de concertos e espectáculos escénicos
As bibliotecas inician mañá luns a súa actividade de lectura en sala e préstamos e devolución de materiais, que deberán pasar 14 días de corentena tras a entrega
Os museos, que celebran o seu día cunha programación online, empezarán o martes cunha limitación do terzo do seu aforo e sen visitas para grupos
Os arquivos manteñen inicialmente a atención telemática, reservando a atención presencial para casos imprescindibles e baixo cita previa
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2020.- A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, conduciu esta tarde a primeira sesión dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post COVID-19. Este encontro virtual estivo centrado concretamente nos retos e oportunidades da creación de contidos dixitais no eido cultural e foi seguido na rede por arredor de 300 persoas.
A conmemoración céntrase este ano en festexar a diversidade e pon o foco nos múltiples xeitos nos que esta enriquece ás sociedades e ás persoas
As redes sociais dos diferentes centros ofrecerán unha programación cultural específica con actividades, vídeos e publicacións para coñecer máis de preto o seu labor co gallo do Día dos Museos, que se celebra o vindeiro luns 18








