Busca

Páxinas

14/12/2020

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade presidiu hoxe por videoconferencia o Consello Asesor do Centro Galego de Arte Contemporánea

As contas para o vindeiro ano recollen partidas expresas para a elaborar os proxectos das futuras sedes desta institución en Vigo e Lugo

 

14/12/2020

Publícase na web da Agadic a adxudicación de máis de 100.000 euros a unha ducia de empresas musicais para diferentes fases relacionadas coa gravación e promoción de discos, ep, dvd e videoclips de moi diferentes estilos

Apóianse os debuts de Caamaño & Ameixeiras, Grande Amore, Supermeiga, Natary Feel ou Espazo en Branco, así como os novos discos de Mounqup, Xoel López, Cuarteto Caramuxo, Ortiga, Pauliña, Santi Araújo ou The Skarnivals, entre outros

13/12/2020

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o artista achegáronse ao Bosque de Galicia onde a intervención ‘Espellos’ funciona como unha gran fiestra de pedra

As grandes estruturas cilíndricas, de 12 toneladas de peso, enriquecen os espazos verdes do Gaiás, grazas a un dos escultores galegos máis destacados

 

11/12/2020

Anxo M. Lorenzo participou na inauguración da exposición ‘Airiños d’a miña terra. O gravado V33’, co gallo do 140 aniversario deste poemario, dun dos máis destacados autores do Rexurdimento

11/12/2020

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou nos actos conmemorativos do aniversario deste instituto, no que se entregaron os premios dos certames de Banda Deseñada e de Ensaio Subversivo

11/12/2020

O director da Agadic participou na presentación da quinta edición do certame, que terá lugar do 15 ao 20 de decembro, do que destacou a súa capacidade de adaptación á situación sanitaria sen perder a súa filosofía

A longa de Lois Patiño ‘Lúa vermella’ abrirá o evento, que inclúe a proxección de 25 filmes en sala, ademais de encontros profesionais, un foco sobre o cineasta Luis López Carrasco ou o programa de asesoramento #LAB

A través da plataforma Filmin poderán verse en liña os filmes a concurso, ademais dunha selección de obras de anteriores edicións

 

11/12/2020

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, expón unha batería de propostas de partida na que convivan a memoria e o legado de Emilia Pardo Bazán, os valores democráticos, os usos culturais e o fomento da igualdade entre as persoas

Perfila posibles usos para o futuro deste ben tras a súa recuperación que agora deberán ser abordados conxuntamente no grupo de traballo

10/12/2020

Os traballos foron realizados ao abeiro das subvencións para a mellora dos locais de concellos destinados a actividades culturais do Goberno autonómico

Este ano benefícianse un total de 39 proxectos noutros tantos concellos galegos

10/12/2020

A obra, que é unha das más lidas e vendidas na cidade, relata a figura de Alfonso Graña, un galego de Avión que chegou a ser o rei dos xíbaros

09/12/2020

Salienta que a Xunta está traballando nun plan de usos do Pazo con dúas vertentes: potenciar a importancia da muller na creación intelectual e aproveitar o legado de Emilia Pardo Bazán como unha das pioneiras do feminismo en España