Busca

Páxinas

14/05/2021

Renóvase a colaboración entre a Xunta e os cineclubs Valle-Inclán, Padre Feijoo, Pontevedra e Lumière cunha carteleira inicial de 26 proxeccións

14/05/2021

A través de máis de 50 documentos e seis paneis explicativos, percorre a traxectoria persoal e profesional da autora homenaxeada

Inaugurada hoxe polo secretario xeral de Cultura, a exposición poderá visitarse ata finais de agosto
 

14/05/2021

A imaxe de Xela Arias viaxa xa nos 11 trens de alta velocidade dos corredores A Coruña-Vigo e A Coruña-Ourense

Tamén loce nos carteis conmemorativos que exhiben as principais estacións de Galicia durante este mes das Letras Galegas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentaron a nova campaña hoxe na cidade herculina

13/05/2021

Do 2 ao 6 de xuño terá lugar a sétima edición, e a segunda virtual, deste escaparate para a creatividade e o enxeño, que aposta polo ‘faino ti mesmo’ e inclúe unha xornada dedicada exclusivamente á innovación educativa

No encontro presentarase máis de medio cento de proxectos, 34 deles de ‘makers’ galegos, entre eles 13 centros educativos de primaria, secundaria e FP de Galicia

  • A Xunta e Vegalsa-Eroski celebran as Letras Galegas cunha campaña para homenaxear a Xela Arias
12/05/2021

O secretario xeral de Política Lingüística e a delegada da Xunta en Vigo participan na apertura da iniciativa de homenaxe desde o sector comercial, con bolsas da compra e carteis conmemorativos nos supermercados

Os representantes do Goberno galego recordan que Vigo, cidade de referencia de Xela Arias, é este ano epicentro da festa da lingua galega e acolle boa parte das iniciativas culturais e sociais incluídas na ampla programación conmemorativa

O secretario xeral de Cultura visita a mostra dedicada a Emilia Pardo Bazán na Biblioteca Pública Juan Compañel
 

12/05/2021

O conselleiro explica no Parlamento que “unha lingua viva dixitalmente terá máis garantías de futuro”, polo que este proxecto “amplificará os usos e o prestixio do noso idioma”

Avoga por traballar “en positivo desde o respecto, a tolerancia e a liberdade” que establece o marco normativo vixente e o sentir maioritario dos galegos

12/05/2021

O conselleiro Román Rodríguez anuncia no Parlamento que Patrimonio ten listo o expediente deste ben logo dos informes favorables das institucións consultadas

Reitera o compromiso inquebrantable da Xunta coa protección do patrimonio de Galicia desde o consenso, coas máximas garantías e respecto ao marco normativo

Lamenta que o Goberno central non exerza as súas competencias para a ampliación do BIC de Meirás nin teña respondido na última semana ao convenio de colaboración proposto pola Xunta para habilitar á Comunidade a adoptar esta medida

12/05/2021

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron hoxe na presentación do novo libro infantil Celi no Camiño de Santiago, de Pere Tobaruela.

12/05/2021

O festival da Xunta permitirá coñecer propostas de cinco países, a maioría delas nunca antes presentadas en Galicia e dúas delas, as do xaponés Hiroaki Umeda e a do portugués Miguel Moreira, veranse por vez primeira en España

Contará con dúas estreas absolutas: unha performance de Ana Matey e un espectáculo colectivo de danza creado por seis das mellores bailarinas galegas: Nuria Sotelo, Begoña Cuquejo, Kirenia Martínez, Clara Ferrão, María Roja e Paula Quintas

12/05/2021

A Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) e a Fundación SGAE promoven a iniciativa

Co subtítulo ‘Na mente da creación’, o programa abrangueu seis sesións en liña para afondar en distintos aspectos do proceso audiovisuais