Busca

Páxinas

  • O Museo do Mar de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acolle desde hoxe e ata o 11 de xaneiro a exposición ‘Sopros de Nadal’
11/12/2014

A mostra ‘Sopros de Nadal’, que incorpora pezas específicas de temática mariña, poderá visitarse ata o vindeiro 11 de xaneiro

  • Simposio sobre a vida e obra de Díaz Castro, promovido pola RAG
11/12/2014

Promovido pola Real Academia Galega ao redor da figura do escritor homenaxeado coas Letras Galegas 2014

  • As compañías privadas poden optar a coproducir un espectáculo de danza co Centro Coreográfico Galego
11/12/2014

A prestación consistirá na coprodución dunha montaxe de danza moderna, neoclásica ou contemporánea, incluídos os deseños de escenografía, vestiario e iluminación

O adxudicatario, que terá total liberdade creativa para conformar o equipo técnico e artístico, deberá levar a cabo un mínimo de seis representacións públicas da peza

  • O Parlamento de Galicia acolleu hoxe a entrega dos premios do concurso de fotografías ‘A miña patria, my homeland’, nun acto presidido pola titular da Cámara autonómica, Pilar Rojo, e no que participaron o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral de Educación, FP e Innovación, Manuel Corredoira
11/12/2014

Este proxecto enmárcase dentro do programa educativo europeo Comenius Regio que ten como obxectivo que os mozos e mozas adquiran competencias básicas para a mellora do plurilingüismo, o uso das TIC e o emprendemento

  • Obradoiro de ilustración na Feira do Libro de Guadalaxara
05/12/2014

Presentacións de libros, obradoiros de ilustración, unha mesa literaria e encontros con alumnado de centros educativos centraron a actividade de María Solar, Miguel Anxo Murado, Luís Pousa, David Pintor e Itziar Ezquieta

Galicia tamén está presente ata o 7 de decembro neste evento internacional cun stand propio para dar a coñecer no exterior as propostas do sector editorial