Busca

Páxinas

  • Imaxe dunha fotografía da mostra
25/10/2015

José Suárez. Un ollos vivos que pensan será a mostra máis exhaustiva ao redor do fotógrafo de Allariz, con series nunca antes expostas e establecendo por primeira vez unha relación entre a súa obra e a súa extraordinaria biografía

A exposición estará aberta do 13 de novembro de 2015 ata o 27 de marzo de 2016 con entrada de balde e, posteriormente, iniciará unha itinerancia para dar a coñecer a obra deste fotógrafo por Iberoamérica

24/10/2015

Cultura incide na repercusión que a celebración do evento en Santiago de Compostela terá para toda Galicia e para a súa industria musical

23/10/2015

Trátase dun servizo en liña para o acceso gratuíto a publicacións da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Os usuarios e usuarias teñen á súa disposición preto de 1.500 títulos en galego e en castelán, durante as 24 horas do día os 365 días do ano, de xeito totalmente gratuíto, a través da páxina web www.galiciale.gal
 

22/10/2015

A Cidade da Cultura celebra o 5 de novembro unha sesión especial de Nexos cunha conversa con Teresa Barro, responsable da súa tradución

A actividade terá lugar na Sala Eisenman a partir das 17 horas con entrada de balde previa inscrición en www.cidadedacultura.gal

21/10/2015

O poeta galego representará a Galicia nesta institución

23/10/2015

As novidades editoriais de Pedro Feijóo, Miguel Ángel Alonso, Fran Amil, Sérgio Tannus, David Pérez, Xesús Constela, José Julio Fernández e As Maimiñas son as novas protagonistas deste programa de dinamización do libro e da lectura

A iniciativa ofrecerá ata novembro máis de 80 actividades nun total de 17 librarías

21/10/2015

Os centros de xestión autonómica convidan á cidadanía a festexar o 24 de outubro con obradoiros, mostras bibliográficas, contacontos, visitas guiadas, concertos, agasallos e liberación de libros

As iniciativas poden consultarse na Axenda de Cultura de Galicia, en cultura.gal
 

21/10/2015

A Casa da Luz acolle hoxe o primeiro dos actos abertos desta iniciativa dirixida por Yolanda Castaño

A cuarta edición do obradoiro reúne en San Simón autores de diversos países para participar nesta experiencia de intercambio cultural entre linguas e poéticas

Durante a súa estancia na illa, o elenco de autores verterá a cadanseu idioma textos poéticos contemporáneos, que serán traducidos ao persa, ucraíno, xaponés, catalán, macedonio, hebreo e galego