Busca

Páxinas

  • Galicia Escena Pro
09/06/2016

O mercado galego de artes escénicas concluirá en Santiago tras catro xornadas de actividade para profesionais e para o público xeral, coa participación de más de 120 axentes culturais e 37 compañías

Dez destas formacións presentaranlles hoxe aos programadores asistentes os novos proxectos que levarán proximamente ás táboas

08/06/2016

O Centro Dramático Galego coordinou a produción desta segunda montaxe do Proxecto Nós Territorio Es(Cénico), no que tamén participan a ESAD de Galicia, os teatros nacionais portugueses D. Maria II e São João e as escolas superiores ESTC de Lisboa e ESMAE do Porto

A partir do texto escrito por Fernando Epelde, Tito Asorey dirixe un elenco de artistas novos de ambos os países, no que figuran os galegos Tamara Urbano e Germán Álvarez
 

  • Arrinca a retrospectiva ‘This is Now’, que se desenvolverá todos os martes de xuño para ofrecer unha ampla panorámica da produción independente de cine e vídeo en Gran Bretaña durante os anos oitenta
07/06/2016

A retrospectiva ‘This is Now desenvolverase todos os martes de xuño para ofrecer unha ampla panorámica da produción independente de cine e vídeo en Gran Bretaña durante os anos oitenta

Do mércores ao venres programaranse, ademais, tres sesións de curtametraxes de alumnos formados na EIS de Someso, que comezou a súa andaina en 1991 canda a filmoteca galega
 

06/06/2016

Alumnos de 6 a 12 anos construíron, en colaboración con Viaqua, caixas niño para paxaros e refuxios para morcegos e réptiles e os distribuíron polo Gaiás