Busca

Páxinas

15/10/2020

A actividade, que require inscrición previa a través do enderezo electrónico prensa@agapi.gal, desenvolverase o 21 de outubro a partir das 11,00 h.

É unha das trinta iniciativas de capacitación profesional ás que a Xunta destina 88.000 euros dentro do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico

 

12/10/2020

As películas ‘Inside out’, ‘Le Havre’, ‘Ma vie de courgette’ e ‘Persépolis’ forman a carteleira para todos os públicos de ‘Domingos de cinema e emocións’



As proxeccións serán os días 18 e 25 de outubro e os 1 e 8 de novembro ás 17,00 horas no Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia

As entradas para a primeira sesión xa están á venda, en formato dobre ou cuádruplo, en www.ataquilla.com ou na www.cidadedacultura.gal

 

  • Exposición "Facer Camiño"
06/10/2020

Ata o 25 de outubro, poderanse contemplar 23 pezas pictóricas, escultóricas e fotográficas de autores de diferentes xeracións e estilos

Manuel Buciños, Menchu Lamas ou Acisclo Manzano son algúns dos creadores das pezas pictóricas, escultóricas e fotográficas, todas elas asociadas co Camiño

 

  • O CGAC recupera a mostra 'Caosmos' de Antón Patiño, adiada en marzo debido a emerxencia sanitaria da covid-19
02/10/2020

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, presentou publicamente a exposición que repasa as distintas etapas da traxectoria deste artista monfortino

Dentro do programa de actividades deseñado no marco desta mostra tamén haberá unha mesa redonda arredor dos libros ‘De dónde vienen las imágenes’, ‘Todas las pantallas encendidas’ e ‘Manifiesto de la mirada’ o vindeiro xoves

29/09/2020

A compañía de Xúlio Lago e María Barcala porá en escena entre o xoves 1 e o sábado 3 de outubro ‘Helena: xuízo a unha lurpia’; ‘A conquista da escola de Madhubai’ e ‘Dúas donas que bailan’

O domingo 4, ás 18,00 h., a sede do Centro Dramático Galego acollerá o recital de poesía galega contemporánea de varios autores ‘De abrentes e ocasos’

28/09/2020

As actuacións terán un prazo de execución de seis meses e permitirán resolver as patoloxías existentes, mellorar a accesibilidade e recuperar o templo para usos culturais

25/09/2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, anunciou hoxe na Comisión 4ª do Parlamento unha campaña de fomento da cultura segura

As medidas destinadas a reactivar as industrias culturais que están en marcha partiron do diálogo cos distintos axentes e contan cunha achega de máis de 26M€

Galicia foi a primeira Comunidade en deseñar unha folla de ruta específica para acompañar e apoiar ao tecido cultural, aprobada a finais de abril

24/09/2020

Feijóo sinala que a Lei de acción exterior persigue a diversificación dos mercados exteriores e favorecer o retorno dos emigrantes e os seus descendentes

Avanza que Galicia se situará á cabeza das rexións europeas na transposición da Directiva en materia de plásticos

Incide en que a Lei de museos nace para ordenar e coordinar as 93 institucións museísticas rexistradas na Comunidade, avanzando na accesibilidade e no impulso de novas tecnoloxías

23/09/2020

Organizada por ‘Mundos Digitales’, desenvolverase mañá xoves na sede de Afundación, na Coruña, a partir das 19.00 h.

A sesión conta con tres bloques temáticos diferenciados, pero vinculados entre eles, para abarcar o cinema, os videoxogos e os novos media

23/09/2020

A iniciativa inclúe o percorrido de nove ciclistas polas sete cidades galegas co obxectivo de impulsar a dinamizar a actividade en 70 librarías

Anxo M. Lorenzo salientou que o Goberno galego apoia ao sector do libro con preto de 900.000 euros a través das medidas do Plan de Reactivación

Sol Vázquez destacou o papel do comercio de proximidade galego na recuperación económica e puxo de relevo o esforzo dos libreiros galegos por seguir achegando o mellor servizo e a máxima confianza aos clientes no novo contexto