Busca

Páxinas

09/12/2020

Román Rodríguez presenta no Parlamento esta norma, coa que Galicia completa a regulación das súas institucións culturais tras as bibliotecas e os arquivos

O obxectivo é potenciar o papel dos 94 museos existentes en Galicia a nivel social, investigador, pedagóxico e económico e seguir abríndoos a toda a cidadanía

Entre as principais novidades atópase a dixitalización de contidos ou a posta en marcha do Sistema Galego de Centros Museísticos para fomentar a cooperación

08/11/2020

Creado a iniciativa da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, está formado por nove especialistas nos ámbitos da cultura, a arte e a xurisdición civil e penal

A súa misión é estudar as últimas evidencias en torno ás figuras e valorar accións conxuntas para a súa protección patrimonial como ben público

As figuras de Abraham e Isaac gozan da máxima protección grazas á súa declaración BIC por parte da Xunta en 2019, o que obriga aos titulares a informar previamente de calquera traslado e das condicións de conservación e seguridade

 

28/10/2020

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou esta tarde na presentación da guía didáctica sobre balnearios dirixida ao alumnado escolar, que promove a Cátedra de Hidroloxía Médica do profesor Juan Gestal

26/10/2020

O conselleiro Román Rodríguez anuncia este acordo co que o Goberno galego dá un novo paso na reactivación do legado cultural de máximo nivel dunha da firmas máis simbólicas do país

“Cremos que é unha oportunidade fantástica para poñer en valor, impulsar e promocionar a innegable transcendencia de Sargadelos na cultura galega”, dixo

A alianza coincide coa celebración do centenario de Isaac Díaz Pardo, a quen a Cidade da Cultura dedicará unha exposición a partir do 6 de novembro

15/10/2020

A actividade, que require inscrición previa a través do enderezo electrónico prensa@agapi.gal, desenvolverase o 21 de outubro a partir das 11,00 h.

É unha das trinta iniciativas de capacitación profesional ás que a Xunta destina 88.000 euros dentro do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico

 

12/10/2020

As películas ‘Inside out’, ‘Le Havre’, ‘Ma vie de courgette’ e ‘Persépolis’ forman a carteleira para todos os públicos de ‘Domingos de cinema e emocións’



As proxeccións serán os días 18 e 25 de outubro e os 1 e 8 de novembro ás 17,00 horas no Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia

As entradas para a primeira sesión xa están á venda, en formato dobre ou cuádruplo, en www.ataquilla.com ou na www.cidadedacultura.gal