Busca

Páxinas

03/11/2022

O responsable autonómico de Cultura anunciou que o Goberno galego ten xa listo o proxecto e que iniciará o proceso de licitación nas vindeiras semanas

03/11/2022

O proxecto xurdido por iniciativa da Fundación Xosé Neira Vilas foi realizado pola produtora Noveolas ao abeiro do Fondo Xacobeo 21-22 e amosa un roteiro cultural por Gres, aldea natal do autor

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asiste esta tarde na fundación á celebración do Día do Lector coincidindo coa data de nacemento do escritor

03/11/2022

A mostra ‘Voar dende Galicia’ recolle documentos varios arredor do nacemento dos tres aeroportos galegos e dos pequenos aeródromos

Estado do trámite:
20/10/2022
  • A folla de ruta, aprobada no Consello da Xunta de hoxe, mellorará a xestión da información arquivada do Goberno autonómico, composta actualmente por máis de 164.000 metros lineais de documentación distribuídos en 1.026 locais
  • Aplicarase nos centros xestionados pola Xunta: 12 arquivos centrais, que corresponden ás distintas consellerías, seis territoriais das delegacións, catro históricos provinciais e o Arquivo de Galicia

Estado de tramite:

04/10/2022

O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior



O Goberno autonómico recoñece un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección cultural de Galicia

 

14/09/2022

Este proxecto, dirixido a un público infantil, as súas familias e á comunidade educa-tiva, está pensado para o achegamento a outras culturas e linguas desde o galego

A través dos 14 episodios que a conforman e un repertorio musical de 21 cancións, a súa creadora Lydia Botana conta dun xeito educativo a historia dunha bolboreta que percorre o mundo

 

06/08/2022

No seu conxunto promóvense obras de reforma, ampliación, mellora de accesibilidade e adquisición de materiais técnicos en centros das catro provincias

Forma parte do traballo levado a cabo do Goberno autonómico a través de distintas iniciativas que facilitan e incentivan o acceso á cultura no rural

 

03/08/2022

Baixo a dirección de Tito Asorey, os actores Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido, Xosé A. Touriñán e Sergio Zearreta daranlle vida aos personaxes desta proposta lúdica, crítica e musical sobre a cara oculta do deporte
 

O espectáculo estréase o 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago como inicio da temporada 2022-2023 da compañía da Xunta, con tres títulos nos que aposta por novos modelos de produción e distribución