Busca

Páxinas

14/07/2016

70 imaxes en gran formato de persoas líderes en sectores como a cultura, a ciencia ou a empresa e persoas anónimas conforman a mostra coa que o fotoxornalista indaga na identidade galega

Pode visitarse na Biblioteca e Arquivo de Galicia ata o 18 de setembro con entrada de balde

15/07/2016

É a penúltima cita olímpica do FalaRedes 2016,que se despide ata setembro o día 23 en Melide coa derradeira función da xira de Os Bolechas van ás Olimpíadas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística busca dinamizar a lingua galega no tempo de lecer con actividades de calidade dirixidas ao público familiar e infantil
 

11/07/2016

O grupo de Costa de Marfil actúa no Salón Teatro

Promovida pola onegué Égueire, que leva a cabo proxectos de desenvolvemento no país africano, a actuación conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación

  • ‘Deseños minúsculos, valores maiúsculos’
11/07/2016

Este martes, 12 de xullo, nenos de 7 a 11 anos aprenderán a modelar diferentes abelorios da man da deseñadora de produto Beatriz Lema

Continuará o 19 de xullo coa artesá Idoia Cuesta e finalizará o 26 de xullo coa deseñadora de moda Sara Coleman

Cada taller ten un custo de 3€ e as entradas xa poden mercarse no Museo Centro Gaiás ou ataquilla.com (+gastos de xestión)
 

09/07/2016

Das obras ás que se lles conceden subvencións, 39 son traducións ao galego de títulos escritos noutros idiomas e 23 son traducións de obras en galego para o castelán, o catalán, o inglés, o búlgaro e o portugués

‘Así nacen as baleas’, ‘Dragal III. A fraternidade do dragón’, ‘Un animal chamado néboa’, ‘Morgana en Esmelle’, ‘Follas novas’ e ‘Teño uns pés perfectos’ son algúns dos títulos da literatura galega que se difundirán noutras linguas
 

08/07/2016

Un total de 149 concellos benefícianse da liña de subvencións para actualizar os fondos de 200 bibliotecas e axencias de lectura municipais de toda Galicia con títulos recentes publicados en lingua galega

07/07/2016

Implicará a todos os axentes que xestionan o patrimonio cultural galego, tanto a Administración como as entidades públicas e privadas, que se denominarán Institucións da Memoria

A iniciativa conta cun orzamento público de 9,1 millóns de euros

Aséntase sobre catro iniciativas xa en marcha: o Arquivo Electrónico Patrimonial, a Biblioteca Dixital de Galicia, o portal da toponimia galega e a convocatoria de axudas para dixitalizar fondos do patrimonio cultural, que se publicará nos vindeiros meses

  • ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’
07/07/2016

O programa que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística ten como obxectivo promover o uso do galego no tempo de lecer con propostas dirixidas ao público familiar

A actividade ten continuidade no web www.osbolechas.gal/olimpiadas con xogos e sorteos de libros

Todas as propostas son libres e de balde ata completar a capacidade das salas
 

06/07/2016

A vindeira Feira das Industrias Culturais, que terá lugar en Pontevedra do 2 ao 4 de decembro, contará co apoio económico da Agadic

O reforzo do espazo expositivo e un espectáculo especial para a primeira xornada son algunhas das premisas coas que parten os preparativos para Culturgal 2016
 

06/07/2016

A conferencia do ensaísta Javier Gomá Lanzón sobre o autor d’O Quixote abriu a programación, que aborda o legado do escritor desde diferentes perspectivas

O campus de Esteiro acolle ata o venres esta iniciativa promovida polo Club de Prensa de Ferrol e a Universidade da Coruña, co apoio de Cultura