Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1010
- 1011
- 1012
- 1013
- 1014
- 1015
- 1016
- 1017
- 1018
- …
- seguinte ›
- última »
A cita, que forma parte da programación do Xacobeo 2021, celebrarase os días 18 e 19 de outubro e terá entrada de balde
Será un espazo de intercambio entre artistas e profesionais e procura darlle visibilidade ao valor e a utilidade das artes como actividade económica
Artistas de éxito, como Oliver Laxe, premiado en Cannes cun filme en galego; Daniel Canogar, un dos creadores españois de vangarda máis internacionais; ou Sonia Iglesias, que traballou con Tim Burton, compartirán as súas experiencias
A Xunta financia en Galicia o programa de intercambio cultural 'Camiño Escena Norte' con oito espectáculos en cartel
O director da Agadic participou na presentación deste proxecto compartido con Asturias, Cantabria e País Vasco, que do 22 de setembro ao 13 de outubro percorrerá sete localidades galegas do Camiño do Norte con espectáculos destas comunidades
As compañías A Panadaría e Baobab representarán a Galicia na carteleira artística do resto dos territorios participantes, mentres que Contraproducións estará en residencia nun dos escenarios vascos asociados
Destacan as seleccións obtidas por ‘O que arde’, de Oliver Laxe, e ‘Longa noite’, de Eloy Enciso, ambas producións subvencionadas pola Xunta
Cultura e Turismo apoia a difusión exterior dos filmes galegos a través das subvencións para a promoción en certames cinematográficos de prestixio e para a asistencia a mercados e foros de contidos audiovisuais
Procura achegarlles aos máis pequenos esta disciplina a través do xogo e ofrece visitas didácticas concertadas con colexios de infantil e primaria
A mostra itinerante da Asociación Ludantia foi a protagonista da I Bienal Internacional en Arquitectura para a Infancia e Xuventude de Pontevedra en 2018
Na exposición colaboran o proxectoTerra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU)
A Xunta cofinancia oito actuacións da nova carteleira do Principal de Ourense a través da Rede de Teatros e Auditorios
A adaptación de ‘La Strada’ de Fellini, a comedia ‘Todas Hieren y una mata’, a montaxe ‘Casa O’Rei’ de Ibuprofeno e ‘Luces de Bohemia’ do Teatro Clásico de Sevilla son algunhas das citas dentro do circuíto da Consellería de Cultura e Turismo
Anxo M. Lorenzo destaca a importancia de manter vivo o teatro de títeres na presentación de Titirideza 2019
A edición deste ano enmárcase no teatro de barraca e barraquiñas e homenaxeará a Barriga Verde
O Diario Oficial de Galicia publica a declaración BIC das nove estatuas do Mestre Mateo procedentes da Catedral de Santiago
Esta consideración comprende as nove esculturas conservadas da primitiva fachada medieval do templo compostelán
Cada unha delas goza de aquí en diante da consideración de elemento sobranceiro do patrimonio cultural polo seu significado e a xenialidade do seu autor
Vigo, 3 de setembro de 2019.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, asistiu hoxe á presentación do Festival Sinsal Son Estrella Galicia que, co apoio da Administración autonómica, celebrarase os vindeiros 7 e 8 de setembro no Museo do Mar de Galicia. Neste senso, a representante do Goberno galego puxo en valor o marco incomparable que supón o museo da rede autonómica para celebrar festivais de éxito como o foi “Solpores do Museo” e será, dixo, “Vigo Emerxe”, cuxa primeira edición terá lugar este outono.
O evento misturará concertos con charlas e proxeccións que se desenvolverán no paraninfo e igrexa da Universidade, no Teatro Principal e na sede de Afundación
Foi presentado hoxe na sede do Ateneo de Santiago nun acto no que participou a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira
A actividade forma parte do programa da Xunta para promover actividades de dinamización de cara a celebración do vindeiro Ano Santo
A Xunta reforza a súa implicación no WOS Festival co patrocinio de FEST Galicia e as axudas a festivais de música
Anxo Lorenzo e Jacobo Sutil participaron na presentación da sexta edición do evento, que se celebra do 11 ao 15 de setembro nunha ducia de espazos de Santiago, entre os que se atopan a Cidade da Cultura, o CGAC e o Salón Teatro
FEST Galicia daralle soporte a un ciclo de charlas, ás pulseiras de acceso ao evento e realizará un estudo do impacto socioeconómico, entre outras accións









