Busca

Páxinas

09/09/2019

O ciclo, composto por sete películas que se proxectarán desde mañá e ata o sábado, realízase en colaboración con Amigos da Ópera da Coruña e coincidindo coa presenza na cidade do cineasta para a posta en escena de ‘Don Giovanni’

A filmoteca completará o bimestre coa primeira entrega dun exhaustivo percorrido polas películas de Hitchcock e colaboracións con certames como o FKM Festival de Cinema Fantástico, entre outras moitas citas co audiovisual

  • FEST Galicia, tamén presente no Festival de la Luz
07/09/2019

Román Rodríguez visita o oitavo Festival de la Luz en Boimorto que forma parte da marca da Xunta FEST Galicia

A marca creada por Cultura e Turismo promove accións de sensibilización sobre igualdade, medio ambiente, o uso do galego e os valores positivos para a mocidade, ademais de patrocinar un dos escenarios e as pulseiras de acceso

07/09/2019

A cita, que forma parte da programación do Xacobeo 2021, celebrarase os días 18 e 19 de outubro e terá entrada de balde

Será un espazo de intercambio entre artistas e profesionais e procura darlle visibilidade ao valor e a utilidade das artes como actividade económica

Artistas de éxito, como Oliver Laxe, premiado en Cannes cun filme en galego; Daniel Canogar, un dos creadores españois de vangarda máis internacionais; ou Sonia Iglesias, que traballou con Tim Burton, compartirán as súas experiencias

06/09/2019

A Xunta financia en Galicia o programa de intercambio cultural 'Camiño Escena Norte' con oito espectáculos en cartel

O director da Agadic participou na presentación deste proxecto compartido con Asturias, Cantabria e País Vasco, que do 22 de setembro ao 13 de outubro percorrerá sete localidades galegas do Camiño do Norte con espectáculos destas comunidades

As compañías A Panadaría e Baobab representarán a Galicia na carteleira artística do resto dos territorios participantes, mentres que Contraproducións estará en residencia nun dos escenarios vascos asociados

06/09/2019

Destacan as seleccións obtidas por ‘O que arde’, de Oliver Laxe, e ‘Longa noite’, de Eloy Enciso, ambas producións subvencionadas pola Xunta

Cultura e Turismo apoia a difusión exterior dos filmes galegos a través das subvencións para a promoción en certames cinematográficos de prestixio e para a asistencia a mercados e foros de contidos audiovisuais

04/09/2019

Anxo M. Lorenzo destaca a importancia de manter vivo o teatro de títeres na presentación de Titirideza 2019

A edición deste ano enmárcase no teatro de barraca e barraquiñas e homenaxeará a Barriga Verde

04/09/2019

Procura achegarlles aos máis pequenos esta disciplina a través do xogo e ofrece visitas didácticas concertadas con colexios de infantil e primaria

A mostra itinerante da Asociación Ludantia foi a protagonista da I Bienal Internacional en Arquitectura para a Infancia e Xuventude de Pontevedra en 2018

Na exposición colaboran o proxectoTerra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU)

 

  • Teatro Principal Ourense Programación outono
04/09/2019

A Xunta cofinancia oito actuacións da nova carteleira do Principal de Ourense a través da Rede de Teatros e Auditorios

A adaptación de ‘La Strada’ de Fellini, a comedia ‘Todas Hieren y una mata’, a montaxe ‘Casa O’Rei’ de Ibuprofeno e ‘Luces de Bohemia’ do Teatro Clásico de Sevilla son algunhas das citas dentro do circuíto da Consellería de Cultura e Turismo

  • Estatuas Mestre Mateo BIC
04/09/2019

O Diario Oficial de Galicia publica a declaración BIC das nove estatuas do Mestre Mateo procedentes da Catedral de Santiago 

Esta consideración comprende as nove esculturas conservadas da primitiva fachada medieval do templo compostelán

Cada unha delas goza de aquí en diante da consideración de elemento sobranceiro do patrimonio cultural polo seu significado e a xenialidade do seu autor

03/09/2019

Vigo, 3 de setembro de 2019.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, asistiu hoxe á presentación do Festival Sinsal Son Estrella Galicia que, co apoio da Administración autonómica, celebrarase os vindeiros 7 e 8 de setembro no Museo do Mar de Galicia. Neste senso, a representante do Goberno galego puxo en valor o marco incomparable que supón o museo da rede autonómica para celebrar festivais de éxito como o foi “Solpores do Museo” e será, dixo, “Vigo Emerxe”, cuxa primeira edición terá lugar este outono.