Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Oncle Yanco + Salut les cubains + Black Panthers

Proxecciós de tres curtametraxes da directora francesa Agnès Varda:

- Oncle Yanco (1967), peza ensaística en clave lúdica sobre o encontro da cineasta cun tío perdido do que descoñecía a súa existencia.

- Salut les cubains (1963), diario de viaxe a Cuba con fotografías a ritmo de chachachá.

- Black Panthers (1968), documental sobre este movemento político rodado in situ, nas manifestacións e cos activistas que o vieron nacer.

Galego

Os demos de barro

Rosa, unha profesional de primeira liña, moi valorada no mercado empresarial, leva unha vida esixente dedicada por completo ao seu traballo. A morte do seu avó, do que se distanciou progresivamente polo seu inesgotable traballo, acaba provocándolle un repentino ataque de estrés que pon en dúbida as súas decisións. Rosa decide entón abandonar a cidade e lánzase á perocura do lugar e os recordos da súa infancia, vivida ao carón do seu avó.

Proxección coa dobraxe en galego.

Galego

Dispararon al pianista

Un xornalista musical de Nova York comeza unha trepidante investigación detrás da misteriosa desaparición do pianista brasileiro, Tenorio Jr, habitual de Vinicius de Moraes, entre outros. Este thriller de animación ao ritmo de jazz e bossa-nova supón un punto de inflexión xusto antes de que o continente latinoamericano fose envolvido por reximes totalitarios.

Galego

Guardiana de dragones

Son tempos escuros na China imperial. Os dragóns, outrora amigos e sabios aliados dos homes, foron perseguidos durante anos e encerrados en mazmorras. Nunha remota fortaleza nas montañas, unha nena axuda a escapar ao último dos dragóns e únese a el nunha apaixonante misión para recuperar o tesouro máis prezado: o último ovo de dragón, roubado por un malvado feiticeiro que quere explotar o seu potencial máxico para alcanzar a inmortalidade. Adaptación da primeira das seis novelas da saga literaria homónima de Carole Wilkins.

Galego

Por los caminos de España

Manuel Arís, natural de Poio, emigrou a Montevideo con nove anos e na capital uruguaia chegou a dirixir o Centro Galego. Entre 1952 e 1973 coordinou o programa de radio Por los caminos de España, do que este filme é a súa translación cinematográfica. Trátase dun conxunto de estampas de España realizadas nas súas viaxes á Península Ibérica nos anos 50 coa súa cámara de 16 mm. Exhibida no Gran Cine Mitre de Buenos Aires na súa estrea, a fita aguantou alí seis semanas en cartel, logo do enorme éxito de Un viaje por Galicia, que estivera 18 semanas nesa pantalla.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual