Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Saint Jack (Peter Bogdanovich, 1976)

A principios dos anos setenta, o americano Jack rexenta un prostíbulo en Singapur. Aínda que a competencia é grande e violenta, conseguiu sobrevivir grazas a que a policía se deixa subornar. Pero a chegada dun novo inspector que se encarga de revisar os seus libros de contas non fará máis que agudizar os seus graves problemas.

Entrada gratuíta ata completar as localidades

Máis información

Galego

Sorcerer (William Friedkin, 1977)

Un grupo de excluídos, de diferentes orixes e nacionalidades, vese obrigado por necesidade a viaxar a América do Sur para traballar nunha perforación petrolífera. As cousas non saen como foron previstas, pero dáselles aos homes a oportunidade de ganar algo de diñeiro para poder regresar: deberán transportar seis caixas dun explosivo sumamente inestable a través da selva, en dous camións antigos.

Entrada gratuíta ata completar as localidades

Máis información

Galego

Fat City, 1972

En Stockton, cidade de California, un veterano púxil en decadencia que sobrevive traballando como xornaleiro agrícola coñece un rapaz que quere ser boxeador e recoméndalle o seu antigo representante, outro perdedor. Fat city é unha expresión da xerga boxística que quere dicir ‘paraíso na terra’.

Entrada gratuíta ata completar as localidades

Máis información

Galego

Mean Streets (Martin Scorsese, 1973)

Nova Iork, 1972. Charlie (Harvey Keitel), un mozo de 27 anos que vive nun barrio conflitivo, vese constantemente obrigado a enfrentarse con pillos e matóns. Pouco a pouco, a sua vida converterase nunha traxedia da que non poderá escapar.

Film do ano 73, ano imprescindíbel para unha xeración de directores, que xunto con Scorsese, marcarán dende aí, o presente e futuro do cine de Hollywood. Mean Streets, é unha obra nova,pero xa madura dun artista único.
Máis información

Galego

Messi

España, 2014

Dirección: Álex de la Iglesia. Guión: Jorge Valdano. Produción: Mediapro. Fotografía: Kiko de la Rica.

Duración: 75 minutos.

Estrea do documental sobre o enigmático astro do fútbol Leo Messi, o arxentino que triunfa no Barça dende hai anos. Un inesperado (e espelido) Álex de la Iglesia mestura recreacións, filmacións familiares, metraxe de arquivo e entrevistas a lendas e xente da contorna do futbolista: desfilan polo filme Iniesta, Maradona ou Menotti.

 

Galego

Crac

España, 2015

Dirección e guión: Lázaro Louzao, sobre o libro homónimo de Gonzalo Hermo.

Produción: Rocío Martín. Fotografía: Sergio Moreno.

Intérpretes: Andrés Alarcón, Luixe Ekora.

Duración: 32 minutos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual