Unitarias. Historia dun mestre galego
Valéndose da experiencia vital e profesional do mestre José Alberto Sacido Romero e baixo a dirección de Jorge Algora, ‘Unitarias’ -documental subvencionado pola Agadic- analiza o pasado e o presente do ensino nas aldeas e o papel que xogan as escolas unitarias como símbolo dunha educación integradora e como ferramentas para o asentamento da poboación no rural.

