Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Pelerinaxes

Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual, percorre as oito etapas do Camiño entre Ourense e Santo Andrés de Teixido para acabar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro, morto nun accidente. A obra de Otero Pedrayo narra o camiño que realizou xunto a Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, desde Ourense a Santo Andrés de Teixido, en 1927.

Galego

María (e os demais)

Sinopse: Desde que morreu a súa nai, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, sempre foi o alicerce da familia e séntese orgullosa diso.  Por iso, cando o seu pai anuncia que casa con Cachita, a súa simpática enfermeira, María sente que o seu mundo se derruba. Chegou o momento de atreverse a vivir a súa propia vida.

 

Galego

100 anos de perdón

Unha mañá chuviosa. Seis homes armados asaltan a sede central dun banco de Valencia. O que ía ser un roubo limpo e fácil pronto se complica cando a directora da sucursal desvela un segredo oculto nunha das caixas de seguridade. Os ánimos acéndense entre os líderes da banda e a sospeita esténdese dentro e fóra do banco ata chegar a poñer en xaque o Goberno do país.

Galego

María Casares: a fondo

Casa Museo Santiago Casares Quiroga acollerá o acto 'María Casares: A fondo', que inclúe a proxección da entrevista realizada por Joaquín Soler Serrano a María Casares en 1981 no histórico programa 'A fondo' de TVE.

Tras a proxección incluirase un coloquio ao redor da figura de María Casares coa participación da investigadora María Lopo, o dramaturgo e director Manuel Lourenzo e a actriz Mabel Rivera, vicepresidenta da Asoicación de Atrices e Actores Galegos (AAAG).

Galego

Sesión David Castro

Alterké 
(2013) 3´ HD
Consiste nun plano xeral e silente dunha praza de terra en Londres.

Flints
(2013) 10´ HD
Flints gravouse no establecemento Flint Hire & Supply no sur de Londres. 

Ideas da perra gorda
(2014) 3´ HD
Un home asomado nunha infravivenda escoita a radio. 

Theremin Azulexo 
(2010) 12´ MiniDV
A curta evoca a trama da casa -do país natal- polo lado da súa ausencia. 

Galego

Wings/ Alas

(Estados Unidos, 1927)

Dirección: William A. Wellman. Intérpretes: Clara Bow, Charles 'Buddy' Rogers, Richard Arlen, Gary Cooper. Dur: 144'.

Sinopse: Dous rapaces, un rico e outro de clase media, loitan polo amor da mesma muller en canto se dispoñen a combater como pilotos na Primeira Guerra Mundial.

 

Galego

Alén dos Cosmos

(España, 2016)

Dirección e guión: Pedro Pablo Alonso. Fotografía: Cuco Pino. Dur: 57'.

Sinopse: Alén do Cosmos conta o periplo vital de Santiago Formoso, un rapaz vigués que emigrou a Nova York a finais dos 60 e acabou  gañando a vida coma futbolista no lendario New York Cosmos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual