A cicatriz branca
Unha ficción de base documental sobre a memoria colectiva das galegas emigrantes. Esta produción, dirixida por Margarita Ledo, participou en diversos festivais, como o XXVII Festival Cineuropa, IV Edición de Ventana Sur, Buenos Aires, XXI Festival Internacional de Cine de Ourense ou o III Babel Film Festival, en Cagliari.
Sinopse: Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Ían destinadas a servir.

