Charla con Nilufar Saberi
Este luns contaremos coa presenza da activista iraní prodereitos Humanos Nilufar Saberi, exiliada coa súa familia en España dende o 1980.
Para asisitr ao encontro podedes chamar aos números de teléfono: 988 788385/386
Este luns contaremos coa presenza da activista iraní prodereitos Humanos Nilufar Saberi, exiliada coa súa familia en España dende o 1980.
Para asisitr ao encontro podedes chamar aos números de teléfono: 988 788385/386
Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro é unha peza teatral da autoría de Paco López-Barxas publicada pola Casa-Museo Álvaro Cunqueiro co apoio do Concello de Mondoñedo e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.Formulada como unha dramatización ficcionada de sucesos reais, nesta peza López-Barxas achéganos á relación amigable e artística que uniu a dous grandes intelectuais galegos como foron Álvaro Cunqueiro e Eugenio Granell.En esencia, Personaxe fantasmal dunha historia de Álvaro Cunqueiro recrea os encontros mantidos entre o mindoniense e o coruñés
A Casa da Navegación de Baiona ven de poñer en marcha unha actividade para favorecer o acceso á réplica da Carabela A Pinta das persoas con limitación de movemento, consistente nunha experiencia de realidade inmersiva cunha duración máxima de 15 minutos. É posible seleccionar o idioma (galego, castelán , inglés).
No horario habitual, de martes a sábado, entre 10:00 - 13:00 horas e 16:00 - 19:00 horas.
Recoméndase reservar visita no número 986 356 688.
Xa está aquí una das festas máis esperadas do ano no incomparable Auditorio Palacio Mar de Vigo. Ven a recibir connosco o Ano Novo nun show no que o imos a dar todo.
Entrada para menores de 18 anos.
Barra libre de bebidas sen alcol.
Espectáculo de luz e son.
Agasallo de benvida.
Código de vestimenta:
Camisa, pantalón de vestir e gravata (opcional, pero recomendado)
Vestido ou traxe de noite
A AC. O Galo organiza á palestra DIEGO XELMIREZ: O PÍO LATROCINIO, que versará sobre un dos feitos realizados por Diego Xelmirez, que foi chave para asentar o predominio da diócese compostelá e que pervive con mais forza na memoria do pobo.Dita conferencia correrá a cargo de Miguel Vázquez Freire, quen recentemente publicou un estudo sobre este "santo ladroízo" cometido en Braga polo primeiro arcebispo de Santiago. Grazas a esta actuación de Xelmirez, Compostela acadou reliquias de S. Froitoso, Stª. Susana e S. Cucufate/o, este último santo e moi avogoso para atopar as cousas perdidas.
Nova edición da Nerdnite, desta volta darredor do Bosón de Higgs.
PROGRAMAO segredo está na masaJosé Edelstein (feat. Peter Higgs), Profesor do depto. de física de partículas e investigador do IGFAE - USC
Sabía que o tiñamos (I knew we had it)*Rolf Heuer, Director Xeral do CERN de 2009 a 2015*Charla en inglés
O bosón de Higgs, unha luz na escuridadePier Paolo Giardino, Investigador distinguido do IGFAE
+ INFO
Con motivo do Día Mundial da Filosofía, que se conmemora o día 17 de novembro, a USC programa unha semana de actividades arredor do pensamento que se espallan pola cidade de Compostela. Esta programación arrinca o luns 14 de novembro ás 17.30 horas na Facultade de Filosofía, que acollerá na Aula 1 a mesa redonda '20 anos do Prestige: investigación, artes e activismos'.
Gala de entrega dos XXX Xogos Florais María Pita dedicados este ano a María Casares no centenario do seu nacemento na nosa cidade.
Presentación a cargo da poeta Yolanda Castaño.
Actuación da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia.
A Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, composta polos concellos de Ames, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Negreira e Santiago de Compostela, promove un ciclo de conferencias que ten como obxectivo á posta en valor desta ruta e do seu patrimonio, que se estenderá ao longo do mes de novembro no Museo do Pobo Galego.
O xoves 17 novembro, ás 19:00 h. o ciclo continúa coa presenza de Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego.
A Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, composta polos concellos de Ames, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Negreira e Santiago de Compostela, promove un ciclo de conferencias que ten como obxectivo á posta en valor desta ruta e do seu patrimonio, que se estenderá ao longo do mes de novembro no Museo do Pobo Galego.
O venres 25 novembro, ás 19:00 h. o ciclo continúa coa presenza de Francesca Riccio, do Ministerio de Cultura de Italia, que impartirá a conferencia titulada "Patrimonio de Puglia e a extensión da Vía Francíxena desde Roma a Leuca no Finibus Terrae"