Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Tecnoloxías de virtualización: servizos de alta dispoñibilidade para o seu centro de datos

Sesión dedicada á presentación dos compoñentes necesarios para lograr a característica de alta dispoñibilidade de datos nunha contorna de infraestrutura virtualizada, que vantaxes e beneficios supón este servizo avanzado en comparación coas prestacións dun centro de datos tradicional.

Nesta xornada tamén se mostrará a implementación e configuración dun servizo de alta dispoñibilidade aplicado nun centro de datos virtual, detallarase o seu funcionamento, e mostraranse as ferramentas necesarias para a administración do servizo e a súa utilización.

Galego

Universo peregrino: Do corazón da materia ao interior das estrelas

Atopar a orixe das cousas máis pequenas nas que se pode pensar require descubrir como nacen e morren as estrelas, e os mecanismos que inventamos no laboratorio para entender os misterios dos núcleos atómicos serven para diagnosticar e curar enfermidades.

Na cuarta sesión do ciclo de conferencias 'Universo Peregrino', o profesor do IGFAE Héctor Alvarez Pol, fará unha breve revisión do mundo subatómico, lembrándonos que todos somos po de estrelas.

Galego

Aplicación e Verificación de protocolos seguros frente ao Covid-19

Dentro desta situación de Alarma e excepcionalidade na que nos atopamos, é necesario establecer e definir uns procedementos e plans de actuación para que os diferentes cambios de Fase polos que avanzamos desenvólvanse dunha maneira adecuada e coherente. Para iso, é necesario ter unha folla de roteiro adaptada ás necesidades de cada negocio en cada momento.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro