Festiletras
Dakidarría, Zenzar, Marala y L-R serán alguns dos artistas dos que poderemos desfrutar este ano neste festival, que loita por manter vivo o idioma galego.

Dakidarría, Zenzar, Marala y L-R serán alguns dos artistas dos que poderemos desfrutar este ano neste festival, que loita por manter vivo o idioma galego.
En outubro volve o Festival Blues TP que volvera a facer vibrar a Ourense con grandes artistas internacionais. Esta edición está dedicada á memoria de Sister Rosetta Tharpe, gran pioneira do Blues e mellor quitarrista feminina da historia, que influíu a varias xeracións de grandes artistas, como Chuck Berry, Elvis Presley, Jerry Le Lewis, Littele Richard ou Johnny Cash, por mencionar só algúns. GISELE JACKSON, naceu en Baltimore e creceu en Nueva York. Aos 7 anos entrou no coro de Gospel da súa parroquia, e aos 12 empezou os seus estudos musicais.
A Xunta de Galicia porá en valor a cultura urbana feita por mulleres da Comunidade galega nunha xornada que se celebrará o sábado 12 de setembro no Gaiás e que inclúe faladoiros, unha mesa de debate, un encontro de improvisación pictórica e un concerto de peche protagonizado pola compositora e intérprete viguesa High Paw.
O Festival Confluencias de Arte convida a artistas visuais de Latinoamérica e, en xeral, a hispanohablantes de calquera parte do mundo para participar desta cuarta edición que tomará lugar no territorio global-virtual. Este ano adaptámonos á presente pandemia cunha versión experimental online/virtual. Convocamos a artistas de cada país para participar dunha versión a distancia, onde o internet, a radio e as redes sociais substituirán o espazo físico e expositivo.
O (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrará a súa undécima edición explorando un novo formato dual. Nel combinará diversas performances, encontros e proxeccións na cidade da Coruña cunha serie de formatos deseñados para a súa emisión a través da web e as redes sociais do festival.
En setembro o Festival Mar de Mares converte A Coruña na capital mundial dos océanos, un punto de encontro para todas aquelas persoas namoradas do mar, que ademais de gozar desta paisaxe tamén se preocupan pola súa supervivencia e loitan por deixar uns océanos limpos e sans para as próximas xeracións. Artistas, científicas/os, activistas, educadoras/es, cociñeiras/os, deportistas, aventureiras/os e emprendedoras/es, e por suposto, o público, convértense durante uns días na voz dos océanos.
A organización do Festival Primavera do Cine en Vigo abre o prazo de recepción de películas que durará dende este mércores 24 de febreiro ata o vindeiro 30 de abril. A convocatoria vai destinada a películas de produción galega en tres posibles formatos: curtametraxe, longametraxe e videoclip; e tamén a curtametraxes e longametraxes de países das áreas lusófonas.
Os filmes deberán estar producidos a partir do ano 2019. Para inscribirse, as produtoras ou cineastas interesados deberán facelo a través da web primaveradocine.com
Un ano máis o Festival Folclórico Internacional comenza a súa andaina pola nosa cidade. Esta XXVI edición levarase a cabo coa organización da Asociación Cultural Interfolc e o patrocinio do Concello de Vigo.
Este ano tan especial debido á COVID 19, o festival levarase a cabo en espazos ao aire libre e con representación de academias e escolas de baile e danza de toda a cidade.
O programa é o seguinte:
Luns 20 de xullo ás 20,30 horas na alameda de Bouzas: Corisco – Tango Galicia – Pasos – Media Punta – Susana Castro – Ngundi – Itacas – Bambalinas.
Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente para público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.
Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avoa.
O Festival da Luz 2020 regresará a Boimorto, A Coruña, os días 12 de setembro.
O Festival da Luz reafírmase na súa proposta ecléctica, apostando como marca da casa pola mestura de artistas, disciplinas e públicos que conviven sen prexuízos e en total harmonía durante tres días nunha contorna única.
O cartel do Festival da Luz 2020 estará composto polos seguintes grupos nunha edición especial marcada polas restricións da COVID-19.