Festival

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

V Festival de Cine Inclusivo de Vigo

O obxectivo do evento, organizado pola Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) e que conta con subvención da Xunta de Galicia, é dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión e a igualdade a través da difusión universal da sétima arte.

 

Programa no Auditorio Municipal e no Cine Salesianos

Galego

Swing Machine Orchestra- XI Festival Galego de Cabaret

Swing Machine Orchestra é a primeira orquestra de cordas swing. Unha proposta única, xenuína e aloucada con doce músicos e bailaríns de diferentes procedencias -Cuba, Honduras, Arxentina e España- para bailar ao ritmo frenético dos anos 30.A orquestra realiza un percorrido pola época dourada do swing interpretando arranxos das grandes formacións de Glenn Miller, Benny Goodman, Louis Prima, Artie Shaw, Chick Webb, ragtimes de Scott Joplin e diferentes adaptacións realizadas para esta orquestra única en Europa.

Galego

XX:novas_creadoras

No festival queremos poñer en valor a unha xeración de mulleres cineastas valentes e xenuínas  que, desde 2016, foron pasando por Curtocircuíto e cuxa continuidade e cohesión fixo que queiramos destacalas como un grupo definido por características comúns concretas: o cinema en primeira persoa, o compromiso consigo mesmas e co seu entorno, o emprego de narrativas e historias non convencionais, que é producido dende a independencia e, sobre todo, a temática dos seus filmes.

Galego

Playlist

É case imposible contemplar os fenómenos artísticos do s. XXI sen comprendelos como un cúmulo de disciplinas converxentes. Músicos, cineastas, artistas visuais ou escritores apóianse mutuamente para dar lugar a novos formatos e correntes que avanzan inexorablemente cara a unha renovación dos vellos conceptos que rodean a maridaxe entre a música e a imaxe.

Nesta sección propoñemos un filme documental que, a través do retrato de Michael Gira, líder de SWANS, nos amosa un retrato íntimo do percorrido dunha banda única e irrepetible.

Galego

Supernova

Esta sección naceu para salvar a brecha existente entre as primeiras experiencias cinematográficas e os circuítos profesionais. Eses primeiros traballos que non teñen fácil acceso a espazos de difusión atopan en Supernova o seu lugar. O festival quere empregar esta sección para que cineastas emerxentes aprendan a presentar, defender e acompañar os seus filmes e, para isto, encargarase de que entre o público haxa sempre programadores, produtores e realizadores máis experimentados que poidan cuestionar as propostas e enriquecer os coloquios.

Galego

Penínsulas

Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cinema-ensaio ata ficción tradicional.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Festival