Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

CantaContos Kairos

Texto de presentación da actividade

CantaContos para os mais cativos. Ven a desfrutar en familia dos contos de Kalandraka e fomenta a iniciación á lectura dos mais pequenos a través dos Contos Cantados de Tania, que inmiscuirá ós máis pequenos nas diferentes historias e melodías, buscando a participación dos mais pequenos. Contido adaptado para todo tipo de nenos e familias que queiran desfrutar dun ratiño agradable.

Programa

ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Cambia o conto

Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil co espectáculo musical “Cambia o conto” da man de Música miúda. Houbo unha vez un lobo feroz e unha nena asustada. Houbo tamén unha avoa indefensa e unha madrastra malvada… Sempre a mesma leria… ou non? Aquí, dámoslle a volta! Ven cambiar o conto connosco!

Galego

Recital interxeracional

Actividade interxeneracional para crear vínculos e na que se cantan varias cancións populares coñecidas polas alumnas e alumnos. Trátase dunha proposta de aprendizaxe cun achegamento á lectoescritura e na que se traballan a música e os xogos rítmicos.

Acceso restrinxido.

Galego

10º Festival Cultural Convergências

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí, co apoio do Municipio de Braga e da Xunta de Galicia, organizan un ano máis estas converxencias destinadas a estreitar os lazos culturais entre as comunidades galega e portuguesa a través da unión entre voces e músicas, danza, teatro, cinema, coloquios, faladoiros e poesía, nun encontro que nesta décima edición terá actividades en Braga, Padrón, Ponteareas, A Estrada, Santiago de Compostela.

Galego

Os Bolechas presentan... Un Nadal máxico

Trucos, feitizos e moita maxia, Os Bolechas regresan polo Nadal co seu espectáculo para levar a ilusión aos fogares galegos. Coa axuda do supermago Danubio e do público, a aprendiz Loli intentará facer os mellores trucos de maxia e transportará a cativada a un universo de ilusión onde todo é posible, mesmo facer desaparecer algún dos seus irmáns. Será a maga Loli capaz de traer de volta os seus irmáns coa súa variña máxica?

Galego

De ida e volta

A compañía en Branca e Negra (Amor Herrera e Cris de Caldas) trae unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora.

Galego

Palabras

A compañía Baobab Teatro presenta unha proposta dirixida a nenos e nenas entre 1 e 8 anos e ás suas familias. Palabras parte do eixe principal das lerias e enredos da nosa tradición oral, que xa contaban os nosos tataravós, bisavós, avós... Desde aí, viaxa a través da música, dos xogos e das historias tradicionais que as familias asistentes aprenderán para continuar xogando cos seus fillos na casa unha vez finalizado o espectáculo.

Galego

A Ramona pequena vai á Lúa

Pakolas conta e canta a historia da Ramona pequena, unha nena movida por constantes inquedanzas cunha mente moi esperta que adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne. A Lúa era para ela unha fonte imparable de preguntas sen resposta.

Vivimos así unha nova aventura didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe.



Espectáculo dirixido a público familiar.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

 

 

 

Galego

Brinca vai!

Cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe nun camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou no  teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo