Equus y más
Baixo a dirección de Juan José Ocón, a Banda Municipal de Música da Coruña ofrécenos un fantástico programa.

Baixo a dirección de Juan José Ocón, a Banda Municipal de Música da Coruña ofrécenos un fantástico programa.
Por primeira vez en 10 anos, o cantante, actor e bailarín portorriqueño Chayanne regresará a España en abril do 2020 para celebrar unha xira de grandes concertos que pasará por seis cidades españolas dentro da súa «tour» Con alma.
Despois de cen funcións co seu primeiro espectáculo Concerto Singular (e Plural) - Premio do Público Festiclown 2018, Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018 –, Culturactiva Producións e Píscore presentan a súa segunda montaxe: Concerto Con Fusión.
Concerto de celebración do 90 aniversario do compositor que, cos seus máis de 720 obras, representa a etnografía, a paisaxe e a historia de Galicia. Interpretarase unha selección de obras de Rogelio Groba de estética variada xunto a pezas doutros compositores que sempre lle acompañaron. A pianista italiana Elisa D'Auria e o clarinetista grego Spyros Fakiolas interpretarán coa Orquestra de Cámara Galega dúas das súas últimas obras: Soatiña, estreada en Bruxelas en maio de 2019 e Peculiaridades estreada no Festival Groba de 2018.
Nacen no 2010 en Pego, na Comunidad Valenciana. Translúcid componse de 11 cancións onde o grupo demostra o que xa viña ofrecendo cun son de muros de guitarras acompañadas por un ritmo contundente envolto dunha voz cálida, non obstante buscando novos horizontes hacia sonoridades máis frescas e novos ritmos e experimentacións.
Baixo o título The great songs of Dire Straits, Óscar Rosende achéganos unha emocionante e coidada selección das grandes cancións do seu idolatrado artista. Acompañado por unha ampla banda de excelentes músicos, percorrerá, nunha extensa homenaxe, os 40 anos de fecunda carreira do artista escocés. Teremos a oportunidade de acompañalos nunha viaxe sonora que irá dende o comezo de Dire Straits en 1978 ata a actualidade, con algunha pequena sorpresa que recalará no traballo da carreira en solitario de Mark Knopfler.
Presentando o seu próximo álbum MSDL- Canciones dentro de canciones. Para este novo tour, a banda estreará unha nova escenografía na que o lugar, os músicos e o público estean integrados e sexan partícipes dun mesmo espazo.
MSDL - Canciones dentro de canciones é o novo exercicio artístico de Vetusta Morla; un novo álbum que parte da reinterpretación de Mismo Sitio, Distinto Lugar e que, á vez, acontece como unha obra nova.
Presentación de "O estraño falar dun monstro da aldea", o novo disco de Ruxe Ruxe.
Presentan o seu 14º aniversario e tour internacional "The 13th Tour".
É un grupo de música de rap formado no 2001 en Ordes, Galiza. Os seus membros son DJ Murdock, Sokram, García MC, Mou e Jamas. As súas cancións están interpretadas en lingua galega. Despois tamén formaron un grupo de graffiti e breakdance. Todos estes aspectos do hip hop reúnense nas actuacións en directo do grupo, onde é común presenciar pintado de grafitti ao final do escenario e breakdance, mentres a banda toca as súas cancións.