El mundo suena- Concierto en Familia
Arcos Iris volve co seu terceiro e novo espectáculo, "El Mundo Suena", un concerto que nos levará a coñecer as diferentes músicas de todos os continentes do planeta Terra. O punto de partida será a xitana Andalucía, descubriremos os ritmos autóctonos das tribos africanas, bailaremos tango en Bos Aires e bossa nova en Brasil. Ao pasar por México entramos en América do Norte, onde coñeceremos a auténtica música dos Estados Unidos. Despois deixarémonos levar polas ondas musicais de Oceanía antes de saltar á antiga cultura chinesa coas súas afastadas sonoridades e harmonías.

