Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Atardecer no Gaiás 2020: dani

dani –si, en minúsculas– é unha cantante e compositora nada en Vigo fai 22 anos e no seo dunha familia musical: os seus pais son Rosa Costas e Silvino, dous dos membros do mítico grupo Aerolíneas Federales.

No seu repertorio dani recolle o legado de toda a tradición da música popular que recibiu desde pequena de Robert Johnson a Rufus Wainwright, de Angele, de Beach Boys a Oasis ou de New Order a Charli XCX e Joe Crepúsculo, enriquecido cos seus estudos no Conservatorio Profesional.

Galego

Atardecer no Gaiás 2020: Quinteto Nós

Formación liderada por Marcos Teira, virtuoso guitarrista galego namorado do flamenco, estilo co que tingue todos os paus e co que ten actuado por case todos os recunchos do planeta.

Premio Martín Códax ao mellor proxecto por Músicas del mundo, no Gaiás ofrecerá un selecto repertorio de adaptacións a este xénero de temas de jazz e de rock. Trátase dun traballo colectivo no que participan Moisés Fernández, ao caixón; Alfonso Calvo, ao contrabaixo; Ton Risco, ao vibráfono; e Isaías Salazar, no baile.

Galego

Atardecer no Gaiás 2020: Guadi Galego

Unha das artistas máis relevantes e premiadas da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira e continuou con Espido e Nordestin@s  ata comezar a súa carreira en solitario, tamén ateigada de éxitos, como o Premio Martín Códax en Canción de Autor ou o recente Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español,  concedido polo seu último traballo ‘Immersión’. No Gaiás imos poder gozar das reinterpretacións dos temas das súa carreira nas sete linguas peninsulares.

Galego

Atardecer no Gaiás 2020: Xoana

Unha voz poderosa coma unha diva soul e versátil coma unha estrela pop é a mellor definición para a súa carta de presentación. Súmase a este envoltorio letras reivindicativas —escritas  pola súa nai— ás que a cantante viste nunha variedade de xéneros que van desde o rock, ao funk e ao jazz, cos que pode amosar a forza sublime e calidade do seu rexistro.

Galego

Atardecer no Gaiás 2020: Verto

O dúo compostelán ten pouco tempo de vida, pero o suficiente para que o trap retranqueiro de ‘Oie gayego’ se coase entre os temas máis reproducidos en Galicia na plataforma de música en liña Spotify.

Ritmos urbanos e de baile cun abano de letras que van desde a crítica e o humor acedo do seu hit; ao repertorio íntimo de temas, como ‘Algo que non sexa’; ou máis ao carón da actualidade recente, como o confinamento pola pandemia e que se reflicte no tema ‘Pegadiño a ti’. Aire fresco que entra polas fiestras da escena musical galega.

Galego

Los Jinetes del Trópico

Tras o éxito do seu último lanzamento, ‘Namoreime dunha pulpeira’ a cumbia e o reggaeton galego de Los jinetes del trópico chega á sala Rebullón.

O concerto será ao aire libre, na terraza da cantina de As Pedriñas e haberá piscina. Os socios poderán entrar de balde e os non socios deberán pagar 5 €. As entradas poden mercarse na mesma Cantina e a capacidade é limitada para manter as medidas de seguridade. O uso de máscara é obrigatorio durante o concerto.

Galego

Diana Tarín e Medela Trío

Alfonso Medela é un recoñecido pianista e compositor do Carballiño. Profesor principal de piano, especialízase en Jazz e Música Moderna, ademais de crear máis de cen das súas propias cancións. Nestes concertos estará envolvido na súa formación habitual e acompañado pola voz de Diana Tarín.

Galego

Martins Aneiros Band

 Martins Aneiros Band xorde da unión da cantante Paula Martins, quen fose voz da Big Botton Band, e de Víctor Aneiros, guitarrista galego que suma xa oito discos ás súas costas.

O pasado verán a cantante apareceu como convidada do grupo do ferrolán nas súas actuacións no Fisterra Blues Experience e o Discalzos polo Festival, aínda que o inicio desta alianza musical remóntase a fai máis dunha década.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto