Cathexia-Infrahumano- Kharma
Cathexia é unha banda de death metal que xorde a finais de 2007 en Navia, (Asturias). Cunha primeira formación integrada por novísimos músicos da zona, Cathexia dá multitude de concertos xunto a bandas como Legacy Of Brutality, Posession, The Arson Project ou Looking For An Answer, sendo ademais gañadores do concurso de maquetas NoiseSuena, que lles permitiría editar o seu álbum debut Thanks God For The Suffering (2010). Tras cambios na formación, editan en 2011 ?Misanthropy, un EP no que a banda toma un camiño máis brutal, practicando un death metal fresco, rápido e contundente.

