Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Kaiser Chiefs

Kaiser Chiefs é unha banda indie rock? británica de Leeds,  West Yorkshire (Inglaterra, Reino Unido), formada por Ricky Wilson (vocalista), Andrew 'Whitey' White (guitarra), Simon Rix (baixo), Nick 'Peanut' Baines (sintetizador, teclado) e Vijay Mistry (batería).

Galego

Grandes do Gospel: Johbn Lee Sandres & The Gospel Messengers

John Le pasou a súa infancia e mocidade no Delta do Misisipi, Luisiana e Alabama, unha rexión onde o Gospel é o ADN común de xéneros tan diversos como o Soul, o Country, o Blues e a música de Jazz. O temperán encontro con Martin Luther King, o dirixente histórico do Movemento polos Dereitos Civís nos Estados Unidos, e Elvis Presley, a estrela do R&R que cambiou para sempre a música popular americana, forma parte da historia americana que influenciou a John Le Sanders, pianista, saxofonista, cantante e compositor. Unha historia na que a súa avoa materna, que vivía preto de C. L.

Galego

As nosas letras na música e a nosa música nas letras

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 ofrece este espectáculo no marco do ciclo As nosas letras na música e a nosa música nas letras. Cantigas e romances, contos de tradición oral: Acto músico-literario con Emilio Rúa e Cándido Pazó (17/10 ás 20.30 h) Homenaxe ao noso patrimonio material e inmaterial: María do Ceo en concerto (24/10 ás 20.30 h) Rosalía. Concerto para piano e voz. Emocionada: a pianista Rosa Torres Pardo e a actriz Lucía Álvarez presentan un "monólogo a dúas" que constitúe unha homenaxe a Rosalía de Castro e á súa poesía (21/11 ás 20.30 h)

Galego

Sanny Caster

Sanny é o nome artístico polo que se coñece a Sandra Gómez, xove cantautora viguesa que comeza a súa traxectoria en solitario no ano 2012, cando se muda á cidade de Santiago de Compostela. Previamente participara noutros pequenos proxectos musicais.

Galego

Ameisinlore

A nova artista de Ferrolterra, Ameisinlore, será a encargada de inaugurar este ciclo de concertos en streaming no que presentará o seu novo EP «Procesos» xunto a versións doutros temas levados ao seu terreo musical. Lorena, compuxo a letra e música dos temas que compoñen o seu primeiro EP que gravou con tan só 16 anos. Toda unha promesa en firme para o futuro da nosa música.

Galego

Xacobe Martínez Antelo Trío

Despois de “Isto é Jazz” (2005), “Xacobe Martínez Antelo Trío” (2008) e “Jazz from Galiza” (2010) Xacobe Martínez Antelo, a través do seu renovado trío, saca o seu cuarto traballo discográfico como líder.

En “CAPTURAS” (2019), o trío composto por Xosé Miguélez, Max Gómez e o propio Xacobe, presenta un traballo profundo, maduro, absolutamente ancorado no presente, e que rebosa música polos catro costados. Oito composicións orixinais inspiradas en feitos cotiás e realidades que nos agreden, que nos acompañan, ou que forman parte do noso contexto vital.

 

Galego

Garufa Blue Devils Big Band + Sito Sedes

Esta big band conta coa colaboración de Sito Sedes para poñer a voz ao repertorio máis hispanoamericano da orquestra, coa que se gravou este disco que acaba de ver a luz.

Sito Sedes, é sen dúbida, xunto ao desaparecido Pucho Boedo, unha das voces máis recoñecidas e respectadas do noso país. Artista atemporal e produtor televisivo durante varios anos en TVG, forxouse por méritos propios un nome no mundo da música que transcende estilos e épocas

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto