Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Coro Gaos: Voltamos

O Coro Gaos nace en outubro de 2010 como continuación do proxecto da Orquestra Gaos. Está constituído por 55 voces e todos eles teñen unha ampla experiencia en diferentes coros da comunidade. A súa actividade repártese entre o repetorio ?a capella? e a música sinfónico ? coral, cunha especial énfase na ópera. Preséntase ante o público na inauguración da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, acto presidido polas súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias.

Galego

Nadal no Gaiás 2020- Cantos de Nadal

Este Nadal no Gaiás non queremos que se perda a ilusión por iso imos ateigar a Cidade da Cultura de moita luz, cor e cancións, de todos os estilos, pero sempre tendo en conta as festas que estamos a celebrar, na que o protagonismo volve ser para a nosa grande árbore de Nadal. Este ano manterá as súas grandes dimensións e incorporará a interactividade grazas á intervención nela da artista visual Marta Villaverde. Deste xeito, seredes vós, a través dos vosos dispositivos móbiles, os e as que decidades as cores e incluso a música que desprenda ao voso paso.

Galego

Concerto de Gustavo Almeida, no marco da xira Vértice 2020

Vértice é unha vida divida en dúas partes: infancia e adolescencia no Brasil e idade adulta en Europa. O punto de encontro persoal e musical entre o absorbido na primeira parte da súa vida e todo o demais, que escoitou e aprendeu a partir da súa chegada a Galicia, ata hoxe. Un libro-disco producido, escrito e maquetado con moito mimo, con deseños de Martín Acosta e limiar de Alberto Rayco.

Galego

Emilio Rúa: Lendas e Cantares

O disco teñen como referencia a poesía galega e nel pódense atopar autores do ‘ Rexurdimento’, como Rosalía, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro e Castelao, e actuais como Xosé Carlos Caneiro e Manuel Rivas. Tamén están incluídos no disco poemas emblemáticos dentro da cultura galega como ‘Negra sombra’, ‘ Lela’, ‘ Unha noite na eira do trigo’ e ‘María Soliña’.

Galego

Kaiser Chiefs

Kaiser Chiefs é unha banda indie rock? británica de Leeds,  West Yorkshire (Inglaterra, Reino Unido), formada por Ricky Wilson (vocalista), Andrew 'Whitey' White (guitarra), Simon Rix (baixo), Nick 'Peanut' Baines (sintetizador, teclado) e Vijay Mistry (batería).

Galego

Grandes do Gospel: Johbn Lee Sandres & The Gospel Messengers

John Le pasou a súa infancia e mocidade no Delta do Misisipi, Luisiana e Alabama, unha rexión onde o Gospel é o ADN común de xéneros tan diversos como o Soul, o Country, o Blues e a música de Jazz. O temperán encontro con Martin Luther King, o dirixente histórico do Movemento polos Dereitos Civís nos Estados Unidos, e Elvis Presley, a estrela do R&R que cambiou para sempre a música popular americana, forma parte da historia americana que influenciou a John Le Sanders, pianista, saxofonista, cantante e compositor. Unha historia na que a súa avoa materna, que vivía preto de C. L.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto