OurenRock Sound XS-Lau
Considéranse nun punto intermedio entre o folk e a música experimental.

Considéranse nun punto intermedio entre o folk e a música experimental.
M Clan nace en 1993 cando tras coñecerse, Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez, quen tocaba en varias bandas da escena murciana, deciden crear o seu propio grupo. Así se forma o quinteto murciano que completan Pascual Saura ao baixo, Juan Antonio Otero á batería, Iñigo Uribe aos teclados, Ricarco Ruipérez á guitarra e Carlos Tarque á voz. M Clan aposta desde o principio polo rock sureño e por sons cunha clara influencia de nomes como The Black Crowes ou Led Zeppelin, referentes do southern rock dos anos 70 cuxa máxima efervescencia exprésase no directo.
A Arturo Rodríguez coñecémolo do Corpo do Ritmo, un proxecto colectivo cun obxectivo claro: reunir baixo un mesmo concepto liñas e composicións propias afastadas dalgunha pretensión persoal pero cun transfondo experimental, multicultural e electrónico. Tras gravar dous discos deciden parar un tempo e Arturo comeza un proxecto persoal que se move entre o pop íntimo e o folk: Indomable.
Iván Ferreiro Rodríguez (Vigo), 15 de agosto de 1970) é un cantante español de música indie. Durante trece anos foi o cantante, líder e principal compositor do grupo Los Piratas.
Pasatempo Betanzos é un espazo para gozar da música e a cultura en condicións de total seguridade. O recinto atópase enmarcado dentro dun tradicional parque da cidade de Betanzos, con acceso sinxelo e rápido pola súa proximidade á AP-9 e A-6.
PAULIÑA é unha nova proposta galega de country folk que debutou en maio do 2018 co seu primeiro traballo De-Xeneración, con Pauliña (Paula Chaves) á fronte e arroupada por uns grandes músicos que levan máis de 20 anos na estrada e que tocaron xunto a bandas como Ska-p, Seguridade Social, Presuntos Implicados, Os inimigos...
Indy Tumbita and The Voodoo Bandits é un grupo de Vigo formado por Indy Tumbita (guitarra ), Faus Inertte (batería) , Emilio Iniesta (percusión), Charlie Bass (baixo), Littos (guitarra rítmica) e Borja López (trombón).
Os compoñentes tocaron e tocan noutras coñecidas formacións como Joao Tomba, Inerttes, A Cumbancha, Os Duques de Monterrey, Thee Tumbitas, Os Viláns de Boraville, Pedrito Diaño e Os Cadáveras,, Indy Tumbita?s Gang Bang, Os Traumáticos?
Concerto homenaxe a Chavela Vargas a través das súas cancións, da man de Iria Estévez e Charly López.
Iria Estévez
Iria Estévez é unha cantante galega con amplo percorrido.
No ano 2010 subíase por primeira vez a un escenario para cantar , liderando o proxecto Crave de Fado (xunto a Pepe Piña e Gonzo Piña).
O proxecto foi presentado en radio e Tv, no norte da península e Portugal, chegando a participar no Festival Internacional Interfado, de Cataluña xunto a Paco Dicenta, Isaac Garabatos, Gonzo e Marco Mendoza..
O mundo réndese aos seus pés. Se derrite ante os seus ritmos, as súas melodías, o seu colorido e a súa paixón. É a MÚSICA ESPAÑOLA de finais do Século XIX e principios do XX. Concerto con versións de obras de Isaac Albéniz, Manuel de Falla, Enrique Selectos, Gaspar Cassadó e Pablo de Sarasate. Acompañado de interesantes comentarios. Ao terminar o concerto, realizarase un sorteo entre as persoas do público. O premio será un viño auténtico da singular e excelente Adega MOIAS de Tordesillas. Ensamble IULIUS XIII.
A música, en tanto que conmove as persoas, é o instrumento adecuado para comunicar certas realidades e emocións que, tratadas doutra forma, non terían o mesmo impacto. Son numerosos os estudos que indican os múltiples beneficios cognitivos, comunicacionais, socio-emocionais e motrices que xera. E para nenas e nenos con diversidade funcional, sobre todo, se se vive en directo.