Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cata Sonora

Concerto ao aire libre, con aforo limitado, espazo interpersoal e na terraza do museo. Terá lugar xusto tras a chegada do solsticio de verán, o próximo xoves 24 de xuño, a cargo de «Mister Cool».

Entrada de balde ata cubrir aforo, respetando sempre as medidas de seguridade.

Galego

Por mí Swing

Por mí Swing é unha agrupación especializada no música Swing dos anos 30, 40 e 50.

Baixo etiquétaa Swing quedan englobados moitos estilos

Todos estes estilos levan asociados uns bailes sociais moi populares na primeira metade do século XX en case todo o mundo occidental como o lindy hop, claqué, balboa, charleston, collegiate shag, etc? e que desde os anos 80 comezan a rexurdir experimentando gran popularidade a día de hoxe.

Galego

Festa do Apego: Uxía Lambona e A Banda Molona + Pablo Díez e Olga Kirk

O vindeiro 19 de xuño estaremos na II Festa de Apego do Concello de Ames con Rilo&Penadique, “As Armadanzas” e moitas máis artistas e espectáculos. Un bo plan para o sábado que vén, non?

O prazo de inscrición é do 9 ao 16 de xuño. Para anotarse cómpre enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando nome e apelidos das persoas solicitantes, idade dos cativos ou cativas e teléfono de contacto.

Galego

Rock Artesán no Río Tea: Tonhito de Poi

Antón Axeitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi, nado en Poi – Castiñeiras, (Ribeira) o 27 de Novembro de 1969, é un artista polifacético galego.
Foi patrón de barco, traballando no mar durante cinco anos até que se dedicou á música. Así comezou con Heredeiros da Crus, un grupo irreverente que fixo do rock da costa un himno para unha xeración. Despois de doce anos de concertos e oito discos crea un novo grupo musical xunto a músicos portugueses, A Banda de Poi, da que sacou o disco “Mor”

Galego

Marés Sonoras

Cando a saxofonista galega Patricia Cadaveira, proveniente da música clásica e contemporánea, e o percusionista catalán Marcel Pascual, especializado en vibráfono jazz, cruzan as súas vidas no Porto (Portugal), as súas orixes mestúranse coas súas vivencias musicais. Froito deste encontro nace este proxecto musical de conexións ibéricas.

Galego

Alicornios

Alicornio é un dúo de folk formado por Águeda Xastre Zamora ao violín e Carlos Martín Aires (Vallarna, Castijazz, Jaime Vidal & Carlos Martín) á guitarra, o bouzouki e a voz. A nosa música baséase en cancións e temas instrumentais ?estes segundos do repertorio de dozaina principalmente? da tradición da provincia de Valladolid e as súas inmediacións.

Galego

The Turre´s Band

The Turre´s Band é un experimento sociolóxico sen precedentes que se dá alá polo ano 2001 cando 12 dos mellores músicos de tódolos tempos, fartos da monotonía existente na música do momento decidiron innovar e dar un paso mais. Moitos lles chamaron tolos, moitos lles dixeron que non serían nada? Pero co paso do tempo esas bocas deixaron de dicir tonterias aínda que seguían abertas da impresión que causaba a mestura espectacular que fai este grupo de vento e percusión.

Galego

Adhara & Ritman

Adhara & Ritman presentan o novo proxecto musical que canta en galego. A súa música está baseada en raíces folk galegas mestizándolas con outros estilos puros de raíz como o blues, reggae, swing ,etc. Adaptan textos de cancións populares galegas como de Rosalia de Castro ao estilo musical do Reggae, aínda que tamén teñen textos propios. É un proxecto que xorde das raíces. Co ghalhegho como voz e unha instrumentación baseada nas raíces folk galegas mesturadas con música latina, reggae, swing, soul? e principalmente rock.

Galego

A Orquestra Galega de Liberación

A Orquestra Galega de Liberación presenta un ensemble de 16 músicos residentes en Galicia reunidos ao redor da música de vangarda, á procura de novas formas de creación espontánea, e á improvisación como fonte de investigación. Un elenco que non necesita presentación ao estar formado por artistas e intérpretes recoñecidos nos distintos campos da música clásica, do jazz, das músicas de vangarda e da performance.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto