Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festas de San Paio: Susana Seivane

Nada en Barcelona no ano 1976, Susana é a herdeira dunha das familias con máis prestixio dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia, a familia Seivane. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane, e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Ese estilo xenuíno está hoxe presente na forma de tocar de Susana, unha muller que sintetiza o estilo enxebre de vellos gaiteiros.

Galego

Festas de San Paio: Fredi Leis

Fredi Leis é un intérprete, músico e compositor galego que desde pequeno empeza a tocar o piano de maneira autodidacta. Dáse a coñecer en Souncloud conseguindo centos de miles de escoitas. Percorre salas e teatros do circuíto nacional de cantautores, esgotando todas as localidades. En 2015 estrea o seu primeiro EP Días Grandes, composto por el e coa produción de Ismael Seixo(Rozalén).

Fredi Leis postúlase como unha das novas promesas da canción de autor renovada.

Galego

Festas de San Paio: A Banda da Loba

Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

Galego

Ciclo Acento: Grande Amore

Nacido en 2019, Grande Amore é o proxecto musical de Nuno Pico. Cantante de Oh! Ayatollah e socio de Ortiga no dúo Os Rastreadores, Nuno é unha das figuras de referencia da xeración millennial na música pop galega e Grande Amore é a súa explosión artística definitiva.

Galego

Cata Sonora

Concerto ao aire libre, con aforo limitado, espazo interpersoal e na terraza do museo. O xoves 29 de xullo, a cargo de Blues do País.

Entrada de balde ata cubrir aforo, respetando sempre as medidas de seguridade.

Galego

Cata Sonora

A causa da climatoloxía o concerto terá lugar na igrexa da Magdalena en Ribadavia.

Aforo limitado.

Entrada de balde ata cubrir aforo, respetando sempre as medidas de seguridade.

Galego

Cata Sonora

Concerto ao aire libre, con aforo limitado, espazo interpersoal e na terraza do museo. O xoves 29 de xullo, a cargo de Víctor Aneiros e Fran Rey.

Entrada de balde ata cubrir aforo, respetando sempre as medidas de seguridade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto