Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Nebra

NEBRA, grupo lucense xurdido no ano 2020 que fusiona aspectos vocais da música tradicional galega e do folk con sons propios do rock, metal e efectos de electrónica. As súas letras teñen unha temática centrada nas desigualdades sociais, no feminismo e nos problemas da saúde mental.

Galego

Zålomon Grass

Concibida como unha narración de tinguiduras oníricos e centrada na distorsión do tecido espazo-tempo; “ Three Hundred Years” supón a culminación dun ano de traballo. O filme está dispoñible na maioría das principais plataformas de contido audiovisual e a súa banda sonora terá formato físico nun exclusivo vinilo de 10 polgadas a 45 rpm de edición limitada. A banda sonora orixinal creada para a película do mesmo título, parte dun guión e unha historia orixinal escritos por Gabriel Mckenzie.

Galego

CRIM+La Inquisición+ Deadyard

Deadyard

Provenientes de bandas como 77, Rippers ou The Cannibal Queen, entre saltos e berros, estes cinco monggahs soben os amplificadores ao 11 e aporrean a batería como naquela escena de Odisea no espazo. Sementan o terror e a destrución, e entre concertos de punk e xerras de cervexa sacaron tempo para entrar no estudo de gravación e saír con The Monkey Monggah EP. «The Boys Are Out» serve de adianto e exemplo do curtidos que están no pantanoso terreo do rocknroll sucio e rueiro. O seu hábitat natural é a Rocksound e o Psycho a altas horas da noite. 

Galego

Mad Martin Trío

 Sabela King (Sabela King & The Heartbreakers, The Lákazans) & Mad Martin (Mad Martin trio) xúntanse para facerlle unha homenaxe a Johnny Cash & June Carter e repasar temas dos seus repertorios propios.

A banda formouse no Nadal do ano 2017, ademáis de Sabela e Martin, a formación está composta por outros tres músicos, na batería Fran Trilli (The Lakazans, Cachas & Cousins, Mad Martin trío), no contrabaixo Borja García (Raiba, The Midnight Boozers) e Ramón Figueira “ Figui “ (The Lakazans, The Fabulous Resaca Brothers) na armónica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto