Black acoustic
Black achéganos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións. Black é un proxecto musical coruñés que versiona grandes éxitos da música negra. No seu formato acústico levan desde 2014 amenizando diversos espazos de toda a comunidade autónoma co seu espectáculo Un paseo pola música negra.

