Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Anier

Anier coñecida artisticamente como Anières , é unha cantante de rap española. É coñecida polos seus temas " Lume en tregua " ou " carnaza "  que son os que obtiveron máis visualizacións na plataforma de Youtube. Estes dous temas son os que sacaron adiante a súa carreira profesional, que esta se iniciou o ano 2015 en Youtube, coas cancións " despegar " e " Mais ".

Galego

Cala Vento

Banda española de post-hardcore comparada frecuentemente a outros dúos de guitarra e batería como Japandroids, Non Age ou Nova Vulcano. Composto por Aleix Turon e Joan Delgado, coas súas primeiras cancións e o seu intenso directo o dúo logrou chamar poderosamente a atención de Eric Fuentes, quen se ofreceu a producirlles o seu disco debut homónimo de 2016 para o selo BCore.

Galego

Festas do Apostolo 2021: Boyanka Kostova + Verto

O dúo compostelán Boyanka Kostova móvese entre sons hiphop e trap en galego mesturados con música tradicional. Presentan o seu segundo disco titulado "Vos dous de sempre"; lanzado en xuño de 2020.

O dúo, tamén compostelán, Verto presenta os temas do seu novo disco titulado "Embora", autoeditado en abril deste ano 2021. Nel navegan por sons pop ochenteros, o música disco ou o funk dos 70 e 80 mesturado co trap e a electrónica. Tamén actúan o día 23 en Vilagarcía de Arousa dentro do Atlantic Festival 2021.

Galego

Festas do Apostolo 2021: Chicharrón

Franc3s fóronse con Campás de Lume Rosa (Limbo Starr, 2012), aínda que antes de despedirse definitivamente deixaron o single O Sentido da Loita (Limbo Starr, 2013). Unha homenaxe sincera a Alberto Gende, gran artista e amigo da banda responsable da súa arte. Así o presentaban: "O venres 11 de outubro do 2013 o gran artista e mellor amigo Alberto Gende cumprise 41 anos. Este é o noso agasallo: unha canción nova que fala de amor e amizade, algo polo que sempre cremos que merece a pena loitar, e que estará incluída no noso terceiro disco, que sairá ao longo do 2014".

Galego

MClan

MClan presentan os temas do seu último disco, "Delta", editado en setembro de 2020. O álbum foi gravado integramente en Nashville (EE.UU.) cunha instrumentación máis acústica e sons de folk americano e rock con raíces.

Galego

Marlon

Marlon xunta a catro amigos con influencias e vidas dispares; catro amigos á fin e ao cabo que o destino quixo unir para gozar na estrada e no escenario. Marlon é un grupo formado por: Adrián Roma (voz) Juanin (guitarra e coros) Jorge (Baixo e voz), Javi (batería). Cada un deles vén de tocar en diferentes bandas, con diversas influencias pero claramente referenciados polo pop dos 80 (Os Ronaldos, Homes G, Os Rodriguez) e o pop británico dos 60 (Beatles, Rolling Stones?).

Galego

Rodrigo Cuevas – Trópico de Covadonga

Trópico de Covadonga: O espectáculo vira en torno ao concepto de tempo e aos ciclos do ano, exponse como un cancioneiro popular contemporáneo (ao estilo dos cancioneiros tradicionais de García Matogueiras, Alan Lomax, Joaquín Díaz ou Carlos Porro) no que serán protagonistas a electrónica, o humor, a performance e os códigos musicais contemporáneos para narrar as músicas e historias eternas que nos proporciona o folclore. "Quero contar, e cantar que en Asturias e en moitos lugares de España, aínda existe un mundo antigo, exótico mesmo, gardado principalmente polas señoras.

Galego

Unha Volta polo Medio

Unha volta polo medio é un encontro que máis que unha representación ao uso é unha convivencia, un conxunto de músicas de raíz, de artistas, de bailes, de fandangos…

O 17 de xullo no torreiro da Guía, Atios (O Porriño) terá lugar o encontro musical, onde tamén terá lugar unha Feira de Artesáns. Con todo, xerarase así un ambiente agradable de compañía, música, baile, artesanía e moito máis.

Durante todo o día haberá actuacións de ABuxaina (Coruxo) e Os Penediños de Atios (Atios), baile, pasarrúas, xogos tradicionais… e moita música.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto