Tinta
Tinta é un grupo de música que nace en abril de 2019. Ao principio comeza como dueto de guitarra e voz, pero debido á vontade de crear temas propios e tocalos en directo, foi necesario incluír un baixista e unha baterista.
En Tinta destacan por tocar soul, R& B e pop, pero tamén inclúen ritmos funkies nas cancións, tanto nas propias como nas versións. Os principios do cuarteto baséanse en Amy Winehouse e Jorja Smith, aínda que tamén teñen o seu repertorio en español con Andrés Calamaro, Depedro ou Natalia Lacunza.

