Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Os do fondo da Barra. Banzo.

Os do Fondo da Barra nacen do grupo de cantareiros de 'Xacarandaina', asociación constituída en 1978 para a investigación do folclore galego, sempre procurando a maior pureza e semellanza coa realidade e pretendendo ser unha ferramenta de transmisión da arte popular de Galicia.

Ben en solitario ou acompañando ao grupo de baile, teñen percorrido gran parte da Península e participado en festivais no estranxeiro, acadando numerosos premios e recoñecementos por todo o mundo.

Galego

Xabier Díaz. Axúdame a sentir

Axúdame a sentir dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio virtual-máquina. As artes, en xeral, atenderon historicamente a nosa necesidade de sentir. Ese lugar sen algoritmos é unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible.

Galego

Concerto de Pava dúo

Concerto do Dúo Pava con Lucía Aldao e Pablo Silva na súa versión máis íntima e acústica. PAVA é a proposta musical da poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao. Un directo eléctrico e pegadizo que vai da psicodelia ao pop rock máis alternativo con tintes de crúas guitarras velvetianas. Nos traballos discográficos de Aldao sobrevoan as sombras de xigantas como PJ Harvey, a personalidade da súa voz e a forza das súas letras orbitan na elipse das novas voces femininas xurdidas nos últimos anos ao outro lado do Atlántico.

Galego

Amor en la Tierra

Amor en la Tierra é o primeiro musical flamenco de gran formato nacido da raíz xerezana. Inspirado na tradición da Zambomba de Nadal, este espectáculo transforma a esencia popular nunha obra narrativa, visual e emocional.
Unha experiencia para todos os públicos que une o compás flamenco cunha historia universal que forma parte da nosa memoria colectiva. Música, danza e emoción en estado puro.
 

Galego

ABBA. Revolution Tour

Este decembro, Santiago acolle ABBA. Revolution Tour, un espectáculo que rende homenaxe á lendaria banda sueca cunha posta en escena espectacular, chea de luz, ritmo e nostalxia. Os grandes éxitos de ABBA volverán soar en directo para facer bailar a toda unha xeración… e ás seguintes.
 
 

Galego

LA LOM

No vibrante tapiz da escena musical dos Ánxeles, LA LOM destaca pola súa capacidade para entrelazar sen esforzo os diversos xéneros e culturas da cidade na súa música. Abreviatura de The Los Angeles League of Musicians (A Liga de Músicos de Los Ángeles), LA LOM está formada polos nativos de Los Ángeles Zac Sokolow (guitarra), Jake Faulkner (baixo) e Nicholas Baker (batería/percusión).

Galego

Morgan

Morgan regresa á estrada coa xira “Hotel Tour 2025”, para presentar o seu cuarto traballo de estudo titulado “HOTEL MORGAN.” HOTEL MORGAN é o novo disco de Morgan. A próxima parada da viaxe. Un disco para visitalos un intre, co que quixeron crear un lugar temporal para estas novas cancións no que cada unha teña o seu espazo, conte a súa historia e sexa libre no seu propio lugar, pero preto das demais. Un lugar máis dos moitos (oxalá) que formen parte dese camiño e que os represente agora. É o hotel dende o que sairá a tocar.

Galego

Un soño é…

Uxía lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil  que nace no ano 2014 e está formada por  Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía cantando e animando! .

Ten o  obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliñ@s” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito  atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.

Galego

Nas tres línguas do camiño

É un proxecto en 3 linguas, onde Gustavo Almeida engade o exquisito matiz da lingua galega no seu repertorio, ademáis do portugués de Brasil e o castelán, interpretando varias cancións do seu máis recente traballo discográfico (Vértice) acompañado por músicos de orixe galega,brasileira e cubana.
Funk, reggae e pop de autor, con letras traballadas que van desde as mensaxes profundas e luminosas ata os estribillos máis potentes. Versatilidad musical en estado puro e o carisma xa coñecido deste artista brasileiro-galaico afincado na nosa terra, pero trotamundos por excelencia.

Galego

Concerto

Camiño Branco é o novo espectáculo de Sheila Patricia. Inspirado nos versos de Rosalía de Castro. Facendo unha simbiose co Camiño de Santiago, Sheila Patricia fai un percorrido por diferentes espazos máxicos galegos, así coma diferentes épocas da nosa terra, as profesións máis característica e o papel da muller na sociedade galega, especialmente rural.

Sheila Patricia, a voz da nova canción de autora en Galicia, integra os ritmos e sons máis actuáis, coa música do acervo cultural galego.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto