Isius
O grupo galego Isius presenta Hey Mr. a súa nova canción que serve como adianto do seu terceiro álbum de estudo Little Bighorn. Hey Mr. é un poderoso temazo que é puro rock?n roll independente cunhas melodías alegres e un retrouso pegadizo para animar o día a calquera.
Na coctelera musical de Isius atopamos influencias palpables de grupos como The Beatles, Beach Boys, Sonic Youth, Dinosaur Jr., The Posies, Nada Surf, Jayhawks e Wilco. Un espírito que queda reflectido no son tan enerxético que desenvolven Carlos, Edu, Roberto, José e Alberto.

