Muchachito Bombo Inferno
Muchachito nunca desaparece, sempre anda virando. O seu novo longo, vestido de flamenco, blues ou funk, é gasolina para os tempos que corren.
Sobre o escenario é un ciclón. Se nos referimos á súa forma de tocar a guitarra poderiamos dicir que pon en funcionamento un ventilador de potencia cósmica.

