Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Fransy Davide Cibrán en Concerto

Fransy González (percusión e voz), Davide Salvado (percusión e voz) e Cibrán Seixo (violín e mug) son tres coñecidos músicos de ampla traxectoria no panorama musical galego e internacional.

Da unión destas tres carreiras artísticas individuais xorde esta nova proposta musical e escénica, partindo dun repertorio de música tradicional pura como os intérpretes aprendenderon nas aldeas.

Galego

Catuxa Salom en concerto

Catuxa Salom é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis destacadas do movemento folk-electrónico do momento. En 2022 publica o seu disco revelación Nunha aldea, un EP de debut producido por Marcos Bayón en Prasat Bayon Studio, que reflicte en cada canción un universo sonoro que vai da música tradicional galega aos ritmos latinos. Un disco envolto por unha atmosfera tribal que convida ao baile e nos conecta co noso lado máis puro e salvaxe. De Aimogasta ás montañas de Lugo, Catuxa Salom crea un lugar onde o fogar e o amor pola natureza están moi presentes.

Galego

Böj

O ciclo “Os xoves da Capela” conta coa presenza desta formación de Ferrolterra que achegará ao público a súa música de estilo propio con tinturas do folk galego, irlandés e escocés. O grupo, nado no 2002, foi galardoado no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira no ano 2016 co premio do Proxecto Runas e no concurso Folkez Blai no 2019.

Galego

Algo que sinalar

Un crossover entre versos medievais recitados sobre bases de hip hop, moito flow e tintes de contracultura

Alí onde se fusionen a vangarda e a tradición atlántica estará sempre o punto de encontro de Laura LaMontagne & PicoAmperio, capaces de establecer pontes coas músicas e literaturas de antano traéndoas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos.

Galego

Cró! presenta BUAH!

Cró! acaba de editar a través de Spinda Records e en colaboración coa Metamovida o seu quinto disco "Buah".

 

O disco está a ser bendecido tanto por crítica coma pública que ven neste último traballo unha continuación na exploración das posibilidades da canción entroncando coa cultura de raíz así como a música clásica e a electrónica. Cró! sempre deslumbran mais con este disco están a conseguir facer bailar as pernas e cerebros de toda a xente, risa e baile para o ben común, un espectáculo para non perder.

 

 

Galego

Sabela King and The HeartBreakers

A potente voz de Sabela King arroupada polas atmosferas sonoras creadas polos Heartbreakers encherá o escenario da Capela do Torrente Ballester nun espectáculo que transita polos clásicos do blues, o country e o soul, pero tamén por moitos dos temas do seu primeiro disco, con composicións propias e versións moi persoais de temas de reputados artistas como Sam Cooke ou Johnny Cash.

Galego

Derby Motoreta's Burrito Kachimba

Con "El salto del gitano", a banda Derby Motoreta's Burrito Kachimba iniciou no 2018 unha meteórica carreira coa que puxo de moda a "kinkidelia", o seu propio culto a un panteón de deuses e deusas entre a experiencia lisérxica e o macarra. Uns rapaces de barrio con fame de comer o mundo e dispostos a capitanear desde Andalucía unha nova rexeneración do rock español. O seu segundo álbum, "Hilo negro", continúa e consolida a súa traxectoria con melodías pegadizas que beben de diversas fontes de inspiración, desde Black Sabbath ata Rage Against The Machine.

Galego

Manel

A banda de pop barcelonesa Manel remata en Ferrol a xira de presentación do seu último álbum “Per la bona gent”, o quinto dos seus traballos discográficos desde o inicio da súa carreira musical no 2008. Sempre co catalán como lingua vehicular, os temas de Manel achéganse ao xénero pop e xogan con outros estilos como o folk e o groove nunha constante vontade de experimentación. Sen perder a súa esencia, a banda combina neste novo disco a tradición coa electrónica, o rap ou o indie creando un conxunto de doce cancións que non deixan indiferente a ninguén.

Galego

Peña

“Carreiro” é o primeiro traballo de estudo de Peña, o proxecto gañador dos premios Narf da Deputación da Coruña no 2021. A agrupación pontevedresa integrada por Toño Magariños (guitarra acústica e voz), Elena Vázquez (violín e voces) e Rubén Abad (guitarra eléctrica e voz) é toda unha revelación da música contemporánea en galego. O folk, o pop e as raíces mestúranse para crear cancións cheas de emoción e sensibilidade, sinxelas e que dan protagonismo ás voces.

Galego

Fredi Leis

O músico galego Fredi Leis deuse a coñecer cun primeiro EP, "Días grandes", con cancións integramente da súa autoría e producido por Ismael Guijarro, o descubridor de Rozalén. No 2018 viu a luz o seu segundo traballo, "Neón", que se convirte rapidamente nun dos álbums máis vendidos. As súas letras con selo propio, melodías orgánicas que se entremezclan cos seus pianos e unha voz sedutora e canalla constrúen un rexistro propio e inigualable.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto