Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 673 resultados.
O home e as súas crenzas
Catálogo da exposición de idéntico título da fotógrafa Sabine Weiss que supón un percorrido por diversos países, ao longo de varias décadas. Recolle os sentimentos máis íntimos do ser humano e a súa relación coa divindade. Acompáñase dun texto,...
Camiñar, camiñamos...
Catálogo da exposición Camiñar, camiñamos… con fotografías de Adolfo Enríquez recollendo imaxes da peregrinación xacobea, resaltando, de maneira sutil e fuxindo dos tradicionais tópicos, o esforzo que ten que realizar o...
Benarés
Catálogo de fotografías de Luis Baylón sobre a cidade e a peregrinación a Benarés. Ademais das fotografías, o libro ofrece tamén artigos que explican os elementos esenciais para comprender a obra do fotógrafo.
Kailasa: Unha peregrinación ó corazón do Tíbet
Catálogo de fotografías sobre a peregrinación a Kailasa. O monte Kailasa, coñecido tamén na antiga tradición hinduísta como Meru ou Sumeru, é unha das montañas máis sagradas do mundo, pois é considerada coma tal por budistas e hinduístas, que...
Totsukawamura: Corazón do Camiño
Catálogo da exposición "Totsukawamura. Corazón do Camiño" con fotografías de Luis Alonso Ocaña. Trátase dunha visión do contorno do Camiño de Kumano (Xapón) ao seu paso polo territorio de Totsukawa, destacando a presenza da natureza...
Na chegada: mocións e rostros peregrinos = En la llegada: emociones y rostros peregrinos
Recompilación de fotografías de peregrinos que chegan a Santiago, acompañada por un relato referente ás experiencias vividas por un deles ao longo do Camiño.
Museo das Peregrinacións. Un museo en crecemento: Adquisicións 1996-2001
Bosquexo histórico dos cincuenta anos de vida do Museo das Peregrinacións ata o ano 2001, xunto cunha selección das adquisicións feitas, desde o ano 1996 ata o ano 2001. Estas son obxecto dunha exposición onde se pode ver que son portadoras dun...
Sri Pada: Pasos de peregrino, pegada de deuses
Catálogo da exposición: Sri Pada : pasos de peregrino, pegada de deuses, no cal se documenta textual e fotograficamente a peregrinación á montaña sagrada de Sri Lanka, onde conviven peregrinos de catro relixións:...
A onde viaxan os deuses: unha peregrinación ao = A donde viajan los dioses: una peregrinación al = Wo die götter reisen: eine wallfahrt ins peruaniche
Catálogo da exposición de idéntico título en que se recollen aspectos gráficos da peregrinación que anualmente se realiza ao Señor de Qoyllur Rit'i nos Andes peruanos. As imaxes de Chistoph Lingg vense completadas con textos alusivos a esta...
Mantendo vivas as frechas amarelas = Manteniendo vivas las flechas amarillas
Trátase da visión do Camiño de Santiago desde Roncesvalles ata Fisterra do fotógrafo Eduardo Almajano. Cada fotografía acompáñase dunha cita de autores varios e a maioría das citas fan alusión aos camiñantes, ás etapas etc.
<...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »