DramaturXa

Autor/a: Blanco, Lois. Carreira, Ana. Cortegoso, Santiago
DramaturXa
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5328-8
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura e Turismo, Axencia Galega das Industrias Culturais-AGADIC (Santiago de Compostela), Edicións Positivas (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2019
Temas: Cine, Teatro, Espectáculos
Colección: O papel do teatro (5)
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 452
Sinopse
Nº 5 da colección "O papel do teatro", que dá cabida ás obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. DramaturXa é froito directo do labor desenvolvido dentro do proxecto "DramatURXENTE" de apoio á dramaturxia galega contemporánea iniciado polo CDG en 2015. Despois de levar a escena e de publicar dúas das obras que se escribiron no grupo de traballo de dramaturgas e dramaturgos coordinado polo autor, actor e director Manuel Lorenzo, reúnense agora neste volume as dez obras restantes: Cuncas dos nosos ollos, de Lois Blanco Araúxo; Albaroque, de Ana Carreira; O ronco do carneiro, de Santiago Cortegoso; A terra onde veñen morrer as baleas, de Ernesto Is; Vera, de Eva F. Ferreira; Que veñan os cans, de Zé Paredes; Wonderland, de Avelina Pérez; O péndulo, de Marta Pérez; Bic, de Gloria Rico, e Lar, de Rosa Puga Davila; dez tramas habitadas por personaxes que se multiplican ata o infinito, para botar algo de luz sobre o camiño da identidade, individual e colectiva, galega.
P.V.P. (I.V.E. Incluído): 16.00

Comparte