Premio: V Edición do Premio Literario Nortear

V Edición do Premio Literario Nortear

V edición do premio literario para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal

A Consellería de Cultura e Turismo xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal asinaron un memorando de entendemento para establecer acción conxuntas de colaboración a nivel cultural.

No marco deste memorando desenvolvese o Programa Nortear que, entre outras actuacións, contempla a V edición dun premio literario para novos escritores de Galicia e do Norte de Portugal, froito da favorable repercusión que tivo o dito premio nas anteriores edicións.

Coa finalidade de que se lle dea a maior divulgación posible, achegamos as bases que regulan a convocatoria do dito premio para o ano 2019, así como un folleto divulgativo.

Sinalar que poderán participar as persoas nacidas e /ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

O prazo para a presentación das obras será ata o 28 de xuño de 2019 (inclusive). Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas, de acordo ao disposto na convocatoria, que teñan data de entrada no seguinte enderezo ata o 28 de xuño de 2019 (inclusive).

 

Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Edificio CETMAR,
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 BOUZAS – VIGO
arodrigues@gnpaect.eu

Estado do trámite: En trámite

Comparte