Premio: III Certame de Escultura Francisco Asorey

III Certame de Escultura Francisco Asorey

A Asociación Cultural Francisco Asorey convoca a terceira edición do certame de escultura que leva o nome deste artista, coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, do Concello de Cambados e da Deputación Provincial de Pontevedra.

Calquera persoa, sen limitación de idade, pode participar neste premio, cunha única obra de tema libre, inédita e orixinal, da que sexa autora, realizada en calquera material e cuxas dimensións non superen os 120 cm de alto e os 80 cm de profundidade e de ancho.

Exposición das obras finalistas na Casa da Parra
O certame está dotado con 5.000 euros para a obra gañadora, ademais de dous accésits de 1.000 euros cada un. Os traballos finalistas conformarán a exposición do Certame de Escultura Francisco Asorey, que, segundo anunciou o secretario xeral de Cultura na rolda de prensa, itinerará no último trimestre do ano a Santiago de Compostela, onde se poderá ver no centro expositivo da Casa da Parra.

As bases do certame están accesibles nos webs www.franciscoasorey.es e en www.cultura.gal, e o prazo para a inscrición está aberto ata o vindeiro 20 de xuño.

Estado do trámite: Resolto

Comparte