Novas


21/03/2016
O grupo de traballo está integrado pola Agadic, Turismo de Galicia, TVG, Academia Galega do Audiovisual, Clúster Audiovisual Galego e as asociacións de produtoras independentes, empresas, guionistas, directores e realizadores

21/03/2016
O investimento entre Goberno central e Xunta neste Ben de Interese Cultural ascende a máis de 4 millóns de euros

21/03/2016
Isabel Pintado amosa a súa creatividade sobre 21 libros de autoras e de autores galegos como Manuel María, Chus Pato, Yolanda Castaño, Manuel Rivas, Miguel Anxo Fernán Vello, Lois Pereiro, Lupe Gómez e Álvaro Cunqueiro

21/03/2016
A interpretación do ballet clásico de Marius Petipa centrará as cinco sesións cos mestres cubanos Marta García e Orlando Salgado, ex-primeiros bailaríns do Ballet Nacional do seu país e actualmente profesores no Instituto Universitario de

18/03/2016
Yolanda Castaño, Patricia de Lorenzo, Antón Reixa, Xosé Manuel Pereiro, José Manuel Costa ou Antía Otero demostrarán que as malas experiencias á hora de levar a cabo un proxecto son necesarias para os éxitos futuros

18/03/2016
A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE) volven colaborar nesta iniciativa, que busca impulsar as sinerxías entre estes dous sectores claves para a cultura galega

18/03/2016
O Museo Centro Gaiás acolleu un acto conducido por Cándido Pazo e que contou coa participación da Unión Musical Ponte Ledesma, Lufada Banda, Os Quinquilláns e a Asociación Cultural Cantigas e Agarimos

17/03/2016
O museo Exponav acolle a primeira proxección pública deste filme do director Rogelio Abraldes, producido xunto a Televisión de Galicia

17/03/2016
Por vez primeira e cun único carné, os usuarios poden acceder aos servizos de todas as bibliotecas galegas integradas neste programa e a un catálogo colectivo con todos os seus fondos accesibles para a súa consulta en liña

17/03/2016
Hoxe arranca o ciclo de encontros ‘Non hai museo sen debate’, no que se xuntarán críticos, comisarios, artistas e coleccionistas para analizar o estado actual do medio museístico
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 715
- 716
- 717
- 718
- 719
- 720
- 721
- 722
- 723
- …
- seguinte ›
- última »