Nova: O Festival O Son do Pazo regresa con grandes referentes da música folk en Galicia

31/07/2017

O Festival O Son do Pazo regresa con grandes referentes da música folk en Galicia

A gaitera Susana Seivane. Airiños do Castelao, Radio Cos, Os Carunchos, Irish Treble e Abóbriga, entre os artistas

Mos (Pontevedra), 29 de xullo de 2017.- O Festival Intercéltico O Son do Pazo celebra este verán a súa terceira edición e faino cun cartel que inclúe algunhas das grandes referencias da música folk en Galicia, encabezadas pola gaitera Susana Seivane. Airiños do Castelao, Radio Cos, Os Carunchos, Irish Treble e Abóbriga completan a programación  son outras das propostas coas que regresa esta cita cultural, promovida polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, e polo Concello de Mos.

 

A Consellería de Cultura e Educación apoia un ano máis o festival, que foi presentado en rolda de prensa coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Comparte