Nova: O artista Álvaro Negro presenta en ARCO o catálogo da súa primeira exposición retrospectiva, que se exhibiu no CGAC

24/02/2018

O artista Álvaro Negro presenta en ARCO o catálogo da súa primeira exposición retrospectiva, que se exhibiu no CGAC

Madrid, 24 de febreiro de 2018.- O artista lalinense Álvaro Negro presentou hoxe en ARCO, unha das principais feiras de arte contemporánea do circuíto internacional, o catálogo de Y, a súa primeira exposición retrospectiva, que acolleu o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) entre o 29 de setembro de 2017 e o 28 de xaneiro de 2018. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou durante a presentación que este proxecto “nos descobre un artista inclasificable, cun concepto abstracto da pintura e unha iconografía moi recoñecible e singular”. No acto estiveron presentes, ademais do responsable de Cultura, o propio autor, Álvaro Negro, o director do CGAC, Santiago Olmo, e o comisario da exposición, David Barro.

Álvaro Negro representa a primeira xeración de artistas saídos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Medrou e formouse ao ritmo do CGAC, que comezaba por entón a súa andaina, e que conta agora entre os seus fondos con varias obras do artista.

Comparte